O visor do Expediente Xudicial Electrónico rexistrou no último ano un incremento de uso do 130%, pasando de preto de 40.000 consultas en novembro de 2018 a máis das 92.00 visitas rexistradas en novembro deste ano. O visor é unha solución única e multidispositivo, que permite a maxistrados, letrados, fiscais e funcionarios a consulta online de calquera expediente xudicial. O viso, implantada desde 2018 na totalidade dos órganos xudiciais galegos, é unha das mediadas para a implantación do Expediente Xudicial Electrónico en Galicia, que están a levar a cabo a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en colaboración cos profesionais do ámbito xudicial galego.
Entran en vigor as novas rebaixas de impostos incluídas nos Orzamentos Xerais de Galicia para o 2020, que entran hoxe en vigor. As contas deste ano inclúen novas rebaixas no Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP), no Imposto sobre Sucesións e unha novidosa dedución verde no IRPF. Desde hoxe, en Galicia aplícase unha rebaixa no imposto pola compra dunha vivenda usada en 3.459 parroquias que teñen a cualificación de zonas pouco poboadas (ZPP) e que representan o 94% do territorio galego. En todas elas, redúcese o ITP do 7% ao 5% no caso de compra de vivenda habitual, e do 10 ao 6% para o resto de compras de vivenda, co obxectivo de fixar poboación no rural.