Archivo (12 del 2018)

Buscador

Noticias

Portos de Galicia recolleu ao longo dos últimos meses un total de 63.000 quilos de residuos dos fondos mariños de 15 peiraos autonómicos. Estas actuacións enmárcanse na quinta fase do plan de limpeza de dársenas que o ente público desenvolve anualmente nas tres provincias costeiras e que este ano tivo lugar en 5 peiraos de cada unha das 3 zonas administrativas de Portos de Galicia.
A derradeira leición do mestre converteuse neste 2018 nun exiliado máis que volve a súa casa. Volve tarde, pero por primeira vez desde que Castelao o pintara en Bos Aires logramos que por fin se poida ver en Galicia e o poidamos admirar os galegos. Debemos sentirnos orgullosos do que significa que este cadro, que moitos consideran o Guernica galego, estea aquí, entre nós. Con el, Alfonso Rodríguez Castelao quixo legarnos un testemuño e tamén unha advertencia: houbo un tempo terrible no que Galicia, como o resto de España, sufriu a traxedia da Guerra Civil e da posterior ditadura.
A Cidade da Cultura de Galicia continúa a despregar actividades ao redor de Castelao maxistral, a exposición que permite contemplar por vez primeira en Galicia a ‘A derradeira leición do mestre’, lendario cadro visitado xa por máis de 20.000 persoas. Este programa arrancará en 2019 cunha xornada dedicada ao exilio xa que foi nesta circunstancia cando o artista de Rianxo pintou o óleo que artella o relato da mostra. En xaneiro, o Gaiás acollerá un concerto da Real Filharmonía de Galicia cun repertorio centrado nos países que percorreu Castelao, e un encontro con persoas refuxiadas en Galicia.
Galicia poderá aplicar desde o 1 de xaneiro as novas rebaixas fiscais previstas para o vindeiro exercicio, xa que hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2019, así como a Lei de medidas fiscais e administrativas. Galicia foi a primeira comunidade autónoma que aprobou no seu Parlamento os seus Orzamentos para 2019, evitando a aplicación dunha prórroga orzamentaria que si terán que facer o Goberno central e outras comunidades como Cataluña, Andalucía ou País Vasco.
A Consellería de Sanidade informa que xa se teñen vacinado máis de 548.000 galegas e galegos na campaña "Contaxia a túa enerxía e non a gripe", iniciada o pasado 22 de outubro, e que remata hoxe. Estas cifras amosan un aumento total dunhas 20.000 persoas respecto ao mesmo momento da campaña do ano anterior. Das persoas vacinadas, 386.000 tiñan 65 ou máis anos, unha das poboacións nas que esta vacina está especialmente indicada; o mesmo número de persoas que as vacinadas na campaña de vacinación antigripal do ano pasado.
O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle esta fin de semana a montaxe Os fabulosos cleaners, de Malasombra Producións, a segunda das tres propostas do ciclo Gran Teatro para os Máis Pequenos, organizado polo Centro Dramático Galego (CDG) como unha programación especial de Nadal que combina espectáculos con talleres infantís. A asistencia ás funcións, que terán lugar o sábado 29 ás 19,00 h. e o domingo 30 ás 12,30 h., pode combinarse coas dúas entregas do taller titulado Visto non visto, dirixido a nenos e nenas a partir de tres anos.
Queda establecido que a paisaxe cultural da Ribeira Sacra abrangue parte do territorio de 22 concellos das provincias de Lugo e Ourense en dúas zonas diferenciadas: a do BIC; e a de amortecemento. Ademais de incluír unha serie de bens individuais: os que gozan xa da máxima protección -70 Bens de Interese Cultural entre inmobles (58), mobles (3) e manifestacións do patrimonio inmaterial (9)-; 512 bens inmobles catalogados no ámbito da paisaxe cultural da Ribeira Sacra, é dicir, que se sitúan dentro da zona BIC e de amortecemento do ben que se declara polo presente decreto.
Asaka dá ao prelo Wakaba syuu (2018), que cunha escolma representativa duns 60 poemas traducidos ao xaponés dun total de 137 –e das cinco seccións nas que se divide a obra (Vaguedás, Do íntimo, Varia, Da terra e As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos) na que non faltan pezas emblemáticas como Unha vez tiven un cravo, Negra sombra ou Tecín soia a miña tea– se suma ás traducións á lingua nipoa xa feitas dos Cantares gallegos (2002 e 2005) e dos Contos da miña terra (2013) para completar con esta derradeira entrega a edición bilingüe xaponés-galego da obra de Rosalía de Castro.
No evento, que se celebra ata o 5 de xaneiro, participan un total de 25 obradoiros pertencentes á marca Artesanía de Galicia, especializados en oficios como a xoiaría, o coiro, a cerámica, o téxtil, a elaboración de calzado e de zocos, a talla en madeira ou a aplicación do oficio tradicional das colareiras aos complementos. A mostra complétase coa participación dun obradoiro especializado no téxtil procedente do Norte de Portugal.
Esta achega será posta a disposición dos interesados entre o 7 e o 9 de xaneiro, para continuar impulsando a eficiencia enerxética e o uso de renovables en domicilios particulares e edificios; e entre empresas, autónomos e administracións públicas. Esta liña de axudas forma parte da Estratexia de Impulso á Biomasa, posta en marcha en 2014 e coa que se leva apoiado xa a instalacións de 5.250 caldeiras en fogares e empresas, cun investimento, ata o de agora, de 52 millóns de euros.
« Anterior | 1  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (198)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES