
Impartido por Elea López, desenvolverá no propio Salón Teatro durante as dúas horas previas ao pase do espectáculo e abordará de xeito lúdico elementos que os rapaces poderán ver despois no escenario: distintas texturas, materiais e efectos de luz como maneiras de expresar e crear.
Xoque Carvajal e Jouse García son Os fabulosos cleaners, dous operarios encargados da limpeza dun teatro que descobren por casualidade as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo xunto con auga e xabón. A partir de aí emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas: formas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. Componse así unha fantástica experiencia visual na que pode participar toda a familia.
Despois da actuación os pasados 22 e 23 de decembro de Xarope Tulú con Nómades, a sede do CDG despedirá o ano e recibirá 2019 con este ciclo, xa que Gran Teatro para os máis Pequenos continuará na primeira semana de 2019 da man de Galeatro, a compañía de Alba Bermúdez e Tone Martínez, que porá en escena Muiñada o xoves 3, ás 19,00 h. e o venres 4, ás 12,30 h. Dúas horas antes destas funcións, terá lugar o obradoiro Cántame un conto. O espazo sonoro e os cantos.
As distintas modalidades de bonos e as entradas individuais están xa á venda no web entradas.abanca.com e no despacho de billetes do Salón Teatro os días das funcións. A información e as reservas de prazas para os talleres facilítanse no teléfono 881 867 229 (de luns a venres, de 9,00 a 14,00 horas).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.