Buscador
Noticias
'A pegada da pesca: cultura e memoria mariñeira en Foz' é un proxecto impulsado polo Concello de Foz para a obtención das axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través do GALP A Mariña Ortegal na convocatoria 2023. Este proxecto ten como principal obxectivo dar visibilidade á actividade mariñeira focense ao longo da súa historia, mediante a recuperación da memoria local dalgúns dos seus protagonistas.
Unha xornada de traballo reuniu a 30 relatores de 9 países no XII Taller Internacional sobre Intelixencia Artificial: Novos Paradigmas en Informática Biomédica, organizado polo CITIC e o Grupo de Investigación Redes de Neuronas Artificiais e Sistemas Adaptativos -Informática Médica e Diagnóstico Radiolóxico (RNASA - IMEDIR) da UDC, xunto con Biofarma e IKERDATA. Este evento tivo lugar de forma simultánea na UDC, a USC e a UPV.
O DOG ven de publicar a convocatoria 2024-2025 deste programa que busca flexibilizar a oferta formativa para adaptala á demanda real do mercado. Potenciaranse as especialidades máis requiridas polas empresas galegas e polas persoas traballadoras, facilitando o acceso do alumnado aos cursos co reto de dar cobertura ás vacantes existentes no mercado laboral.
O Festival 17° Ribeira Sacra, que celebra a súa oitava edición do 26 ao 28 de xullo e que pertence a marca Festivales Territorio, completa cartel coas incorporacións do grupo De Ninghures e as sesións DJ de Señora DJ, Schultz e Tristón DJ. Ademais, engade dúas novas experiencias para o público: a cata Cervezas Alhambra, coas entradas dispoñibles desde este mércores na páxina web do festival.
Os actos, organizados polo Concello de Foz coa colaboración de Egeria, consistiron nunha sesión de homenaxe e unha exposición que, nunha ducia de paneis, percorre a vida e obra desta muller que cantou a Foz e ás súas xentes e, ao dicir do escritor Cesar Michelena, 'sorbió de Foz la inspiración más pura', viaxou por todo o mundo, e como funcionaria municipal tivo ao seu cargo os temas de turismo do pobo que leva décadas nos primeiros postos de atracción turística do país.
-A Xunta de Galicia expón unha escolma de fotografías de José Luis Vega que percorren a década dos anos 70 do pasado século, ofrecendo unha panorámica das xentes, o urbanismo ou a situación económica e social de Lugo naquela época.
A mostra A cidade e as xentes prolongarase ata o mes de outubro e consta de dúas partes diferenciadas. A Biblioteca Pública Provincial rescata as imaxes relativas ao período 1970-1975, que hai un ano expuxera o Arquivo Histórico Provincial, mentres este acolle desde marzo as correspondentes á etapa entre 1975-1979.
26 alcaldes da provincia de Lugo, pertencentes ao Partido Popular, visitarán a sede de Aspnais o próximo luns, para coñecer en detalle o funcionamento das instalacións desta Asociación Provincial de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual. Estarán acompañados pola Presidenta provincial do Partido, Elena Candia; polos voceiros de concellos onde o PP está na oposición, entre eles os de Antas de Ulla, Becerreá, Castroverde e Lugo, e polo voceiro do Grupo provincial, Antonio Ameijide, coordinador da visita, que considera de grande interese este contacto directo cunha entidade que atende a diversos usuarios procedentes dos concellos representados polos visitantes.
A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, nunha visita co delegado territorial da Xunta, Javier Arias, ao albergue de Area, en Viveiro, destacou a oferta destas 1.800 prazas para rapaces de 9 a 17 anos.
Nesta visita ao centro que albega 100 rapaces por quenda, entre eles 20 procedentes do Pais Vasco, dentro dos programas de intercambio, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destacou o compromiso da Xunta coa mocidade galega "cunha programación de calidade que é xa un referente en todo o estado e que ofrece posibilidades de ocio en todas provincias.