Notas de prensa

26 alcaldes do PP da provincia de Lugo visitarán Aspnais o próximo luns

26 alcaldes da provincia de Lugo, pertencentes ao Partido Popular, visitarán a sede de Aspnais o próximo luns, para coñecer en detalle o funcionamento das instalacións desta Asociación Provincial de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual. Estarán acompañados pola Presidenta provincial do Partido, Elena Candia; polos voceiros de concellos onde o PP está na oposición, entre eles os de Antas de Ulla, Becerreá, Castroverde e Lugo, e polo voceiro do Grupo provincial, Antonio Ameijide, coordinador da visita, que considera de grande interese este contacto directo cunha entidade que atende a diversos usuarios procedentes dos concellos representados polos visitantes.

A visita comezará ás 10,30 da mañá, e comprenderá un percorrido polas máis importantes instalacións, destacando os talleres de carpintería, cerámica ou envasado, nos que se pode apreciar o elevado nivel de eficacia no traballo, seguridade e autorealización dos usuarios desta asociación que na actualidade atende un total 190 usuarios cunha plantilla de 85 traballadores.

Aspnais, 2024-07-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %. En decembro do ano 2024, botaba a andar o programa coa posta en marcha de dúas probas piloto, consistentes na recollida de mostras de sangue e de saliva.
Foto de la tercera plana (festaclown-2026.jpeg) O Festaclown volve a converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. Compañías e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corresponde á USC, á Universidade de Cambridge e ó Instituto Colombiano de Antropología e Historia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES