Notas de prensa

A Xunta ofrece este verán 1.800 prazas de campamentos na provincia de Lugo

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, nunha visita co delegado territorial da Xunta, Javier Arias, ao albergue de Area, en Viveiro, destacou a oferta destas 1.800 prazas para rapaces de 9 a 17 anos. Nesta visita ao centro que albega 100 rapaces por quenda, entre eles 20 procedentes do Pais Vasco, dentro dos programas de intercambio, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destacou o compromiso da Xunta coa mocidade galega "cunha programación de calidade que é xa un referente en todo o estado e que ofrece posibilidades de ocio en todas provincias”.

Neste senso, indicou que a oferta da provincia de Lugo forma parte da campaña que, baixo o lema O teu mellor verán, inclúe un total de 7.611 prazas nesta modalidade en toda a Comunidade. Trátase dunha cifra que, tal e como lembrou Lara Meneses, está incluída na programación estival da Xunta, a maior convocatoria da súa historia, con 11.533 prazas.

Tras esta visita, a directora xeral de Xuventude aproveitou a ocasión para participar, xunto con 20 mozos e mozas, nunha actividade de iniciación ao surf organizada polo Espazo Xove de Viveiro na praia de Esteiro de Bares, do concello de Mañón.

Xunta de Galicia, 2024-07-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES