Notas de prensa

O festival 17o Ribeira Sacra pecha o seu cartel máis completo con De Ninghures, o novo escenario de Praia fluvial da Cova e máis experiencias

O Festival 17° Ribeira Sacra, que celebra a súa oitava edición do 26 ao 28 de xullo e que pertence a marca Festivales Territorio, completa cartel coas incorporacións do grupo De Ninghures e as sesións DJ de Señora DJ, Schultz e Tristón DJ. Ademais, engade dúas novas experiencias para o público: a cata Cervezas Alhambra, coas entradas dispoñibles desde este mércores na páxina web do festival.

Nesta actividade, os asistentes poderán coñecer algunhas das principais referencias de Cervezas Alhambra da man dun Beer Sommelier, que será o encargado de conducirlles por unha degustación das creacións máis destacadas da marca. A cata realizarase na nova localización do festival, a Praia fluvial da Cova, onde dará inicio a programación do venres ao mediodía, cunha sesión DJ da man do artista internacional Glassio e onde tamén terá lugar a Cata Pedaletas, da que quedan últimas prazas dispoñibles. Mentres que, desde onte, atópanse á venda as entradas para “Cata -Maridaxe Sabor a Málaga”, con viños e elaboracións asociadas a produtos agroalimentarios da provincia, que terá lugar nas Bodegas Regina Viarum e que se desenvolve a través dun proxecto impulsado pola Deputación de Málaga, a través da súa marca promocional agroalimentario, Sabor a Málaga.

Este mércores póñense á venda as entradas diarias na web, a partir das 12 horas, para a programación do domingo 28 no Parque Eloísa Rivadulla de Chantada. As entradas darán acceso ao Concerto Cervezas Alhambra de De Ninghures así como ao de Mondra.

Tanto a incorporación da banda de fresh trad galego De Ninghures como a de Señora DJ na Sesión Cervezas Alhambra, forman parte dos artistas seleccionados a través do acordo de colaboración establecido entre a cerveceira e a Fundación Paideia Galiza, co obxectivo de promover o talento e impulsar proxectos musicais incluídos dentro dos programas de aceleración promovidos pola fundación.

SORTEO CONCERTO SORPRESA CERVEZAS ALHAMBRA

Uno dos eventos que xa se converteu nun clásico dentro do 17o Ribeira Sacra, é o Concerto Sorpresa Cervezas Alhambra que se realiza nun catamarán que atravesa os canóns do Sil. Trátase dunha experiencia única na que os asistentes non descobren o nome do artista ata que a embarcación comeza a sucar as augas do río Sil. Ao longo desta semana e ata o martes 16, o festival, en colaboración con Cervezas Alhambra, puxo en marcha unha activación no seu perfil de Instagram no que sortean nove invitacións dobres para poder asistir ao Concerto Sorpresa Cervezas Alhambra que se celebrará o 27 de xullo ás 17:30 horas.

Galardoado por segundo ano consecutivo como “Best Small Festival” nos Iberian Festival Awards, o festival 17o Ribeira Sacra é xa un dos eventos imprescindibles do
verán no norte peninsular.

A novidade desta edición é o servizo de glamping (acampada de luxo) en colaboración coa empresa DOMO Camp, que estará situado nas piscinas de Sober. Este valor engadido permitirá ao público do festival gozar a súa estancia en plena natureza coas mellores comodidades. As reservas pódense realizar desde a web do festival. Así mesmo, o festival volve contar cun plan de mobilidade, cuxos billetes xa se atopan dispoñibles tamén na súa páxina web, que permiten reducir o impacto ambiental ao reducir o uso de vehículos propios e que circulará polos diferentes escenarios do festival.

Morcheeba, Queralt Lahoz, Carlangas Y los Cubatas, Say Yes Dog ou Glassio, entre outros, encabezan a programación musical.

O festival volve contar con Cervezas Alhambra como patrocinador principal, que busca sempre xerar instantes únicos que conviden a gozar dunha Alhambra coa mellor banda sonora de fondo. Así mesmo, tamén recibe o patrocinio da Xunta de Galicia, Turismo de Galicia e Fest Galicia, xunto a INAEM e conta co apoio dos concellos de A Pobra do Brollón, Sober e Chantada ademais do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Gadis e Bodegas Regina Viarum tamén apostan unha edición máis por este formato, mentres que as marcas galegas Mobify e Labauh participan como colaboradores.

Festival 17º Ribeira Sacra, 2024-07-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES