Archivo (2 del 2024)

Buscador

Noticias

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) vai engrosar este ano a súa relación de académicos correspondentes con tres novas incorporacións. Trátase do arquitecto David Chipperfield, do economista Antón Costas e do físico José Manuel Fernández de Labastida.
O próximo xoves, 22 de febreiro, ás 20,00 h., no salón de actos da Biblioteca Provincial de Lugo, van ser presentados dous libros relacionados co Camiño de Santiago en Canarias, obra do lucense afincado nas Illas José Manuel Espiño Meilán. Os libros, publicados polo Goberno autonómico de Canarias (Consellería de Turismo, Industria e Comercio), son “AIRAM Y EL APÓSTOL” e “UN CAMINO DE LEYENDA”.
Baixo o suxerinte título As múltiples cores da vida, presentouse no edificio Redeiras o segundo libro da colección Feminismos da editorial Galaxia editado en colaboración coa UVigo. Trátase dunha obra na que se amosa a dura realidade que ten que enfrontar o colectivo LGBTIQ: discriminación, violencia, dificultades de integración, etc., á vez que se fan propostas de estratexias para promover unha sociedade máis xusta e libre.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (CITIC) organiza xunto coa Cátedra R en Ciberseguridade (UVigo, UDC e a empresa R) e atlanTTic, da Universidade de Vigo, a primeira edición de TalentoCibeR. O evento ten por obxectivo dar visibilidade ao talento en ciberseguridade de Galicia e fomentar novas vocacións entre mozos e mozas, situando no mesmo espazo empresas e talento.
Música, teatro, danza, exposicións, faladoiros, cursos ou propostas audiovisuais integran a programación da Primavera Cultural da USC que xa está en marcha. Nesta segunda edición, a USC leva aos campus de Santiago e Lugo múltiples actividades que estenden a acción cultural da institución dentro e fóra das aulas para fomentar o espírito crítico do estudantado con actividades interdisciplinarias e abertas, na súa maioría, ao conxunto da sociedade.
A Real Academia Galega de Ciencias elixiu ao matemático José Rodríguez González como “Científico Galego do Ano”, coincidindo co bicentenario do seu falecemento. A institución pon de relevo que “foi un científico no sentido moderno do termo e, para moitos, o primeiro de Galicia”. A Academia destaca “a súa loita desinteresada pola ciencia”. Aínda que o acto central de homenaxe terá lugar o 8 de outubro no marco do “Día da Ciencia en Galicia”, durante todo o ano programaranse diversas actividades.
A fibrose hepática é unha enfermidade crónica que se manifesta en fases avanzadas de fígado graxo, atópase na antesala da cirrose e non ten tratamento, ocupando por iso o primeiro posto entre as causas de transplante hepático. Agora, persoal do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC dan un novo salto cualitativo neste campo.
A Universidade de Vigo, xunto con empresas e clústeres industriais, está a desenvolver un sistema que permitirá integrar, por primeira vez, drons autónomos nas plantas de produción de automóbiles. O proxecto, denominado AFID, Autonomous Flying Inspection Device, arrancou en 2023 e estenderase ata decembro de 2025 e foi unha das iniciativas seleccionadas na convocatoria de Ayudas a la I+D+i concedidas pola Agencia Estatal de Investigación, mobilizando unha inversión total de 1.753.700€ con fondos europeos.
O alumnado galego de 2º de bacharelato interesado na física e no mundo da investigación ten unha cita o venres 1 de marzo na USC. Un ano máis, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, centro mixto da USC e a Xunta, organiza a Masterclass “Física de Partículas coas mans”. A xornada pretende achegar o día a día da investigación nesta disciplina, outorgar visibilidade ao traballo punteiro que se desenvolve dende Santiago de Compostela e espertar vocacións científicas entre o estudantado.
'Antía Cal, unha mestra innovadora'. Este é o título da exposición que se inaugura o venres no edificio Redeiras e coa que a UVigo quere render homenaxe a quen foi precursora da escola do século XXI, a pedagoga e profesora Antía Cal, falecida en Moaña en marzo de 2022. Comisariada pola docente e investigadora Silvia García, a exposición quere contribuír ao recoñecemento do traballo e á memoria do percorrido vital e pedagóxico de quen achegou unha nova forma de ensinar.
« Anterior | 2  de  3 | Siguiente »

Archivo

2024 (140)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES