
A xornada celebrarase o vindeiro 14 de marzo nas instalacións do CITIC e o programa incluirá obradoiros prácticos, unha mesa coloquio e a terceira edición da competición C3TF, en formato Capture The Flag.
O encontro terá lugar de maneira simultánea en A Coruña, Vigo e tamén en remoto. Este evento conta co apoio de Microsoft, da Facultade de Informática da Universidade Coruña (FIC), a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (EET) e o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol.
Obradoiros e charlas sobre ciberseguridade
TalentoCibeR comezará coa celebración de dous obradoiros en paralelo: un dirixido ao alumnado de Ciclos de Formación Profesional e outro a estudantes de graos técnicos coma IA, Datos, Informática ou Telecomunicacións.
O obradoiro denominado Nova era: seguridade holística en Microsoft 365 e resposta automatizada ante incidentes usando IA será impartido por Manuel García González, Senior Security Architect de Microsoft. Estará enfocado na suite de licenciamento de Microsoft 365 E5 na xestión de licenzas trial. Terá lugar no CITIC e no Salón de Graos da EET.
Por outra banda, o obradoiro O inicio do procedemento forense informático: adquisición de evidencias en PC, móbiles e pendrives USB, estará a cargo de Rafael López García, profesor do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol. Neste curso ensinarase como adquirir certas evidencias forenses en distintos dispositivos empregando tanto ferramentas hardware (clonadoras) como ferramentas software gratuítas (FTK Imager, Caine, adb, WhatsApp Key/DB Extractor, Avilla Forensics, etc). Celebrarase na Sala Network do CITIC e na Aula T214 da EET.
Cada seminario terá dúas horas de duración e é obrigatorio inscribirse a través da seguinte ligazón: https://catedrarciberseguridade.com/talento-ciber/.
A continuación terá lugar a mesa coloquio Empregabilidade e saídas profesionais de ciberseguridade na que representantes das universidades de A Coruña e Vigo, xunto a profesionais de empresas galegas, darán resposta a preguntas tales como: que futuros poden abrirse unha vez rematada a formación universitaria ou de FP, ou cales son os perfís nacionais e internacionais da carreira profesional en ciberseguridade, entre outras.
Finalizado o debate, o público asistente poderá intercambiar impresións cos relatores nun petisco.
Competición C3TF
Pola tarde, celebrarase no CITIC a terceira edición do C3TF, unha competición en formato CTF (Capture The Flag) ou captura a bandeira, na que os e as participantes de Bacharelato, Formación Profesional, Grao e Máster de centros educativos de España terán que resolver durante catro horas diferentes retos relacionados con ámbitos da ciberseguridade no menor tempo posible.
Repartiranse tres premios ao ciber reto, financiados pola Cátedra R en Ciberseguridade, aos equipos gañadores: o primeiro equipo clasificado recibirá 1.000, o segundo 700 e o terceiro premio será de 400.
A inscrición é obrigatoria e pode realizarse a través desta ligazón: https://c3tf.io/inscripcion/.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.