Archivo (5 del 2021)

Buscador

Noticias

O Campus de Lugo da USC apadriña o núcleo tecnolóxico para a sustentabilidade agroalimentaria no norte de Portugal (Nutrir), unha iniciativa impulsada en Melgaço baixo o asesoramento científico do Instituto Politécnico de Viana de Castelo (IPVC) co obxectivo de avanzar na caracterización territorial e na avaliación das potencialidades e condicionantes das principais actividades agrícolas desta rexión do norte de Portugal.
A Xunta de Galicia e as tres universidades galegas asinaron este martes en Santiago de Compostela un acordo polo que as titulacións de grao e mestrado en Intelixencia Artificial serán interuniversitarias, por considerar “importante garantir o equilibrio territorial que facilite o acceso máis xeneralizado posible a este tipo de estudos tendo en contra a súa influencia económica e social nos vindeiros anos”, tal e como recolle o documento.
A sostibilidade como ferramenta para afrontar con mellores garantías a recuperación da hostalería galega e o papel central que este sector ten na nosa economía centraron a presentación da iniciativa Hostalaría #PorElClima, coa que se busca que as empresas de hostalería contribúan á loita contra o Cambio Climático converténdose en establecementos neutros en carbono. Xurdida en 2017, é unha plataforma virtual que aúna aos establecementos que decidiron comprometerse co futuro.
A abordaxe da cidade de Santiago de Compostela dende múltiples ópticas é o eixo que vertebra os dous libros que a Rede Galabra presentou este martes no Colexio San Xerome. O reitor Antonio López acompañou ao director da Rede e decano da Facultade de Filoloxía, Elias J. Torres Feijó, así como á integrante de Galabra, Marisa del Río, na presentación destes dous volumes titulados 'A cidade, o camiño e nós' e 'Visitar, comerciar e habitar a cidade', que pretenden reflectir como somos, como nos vemos, e como nos ven.
Os investigadores do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña, Carlos Dafonte, Minia Manteiga, Marco A. Álvarez e Daniel Garabato, integráronse recentemente no consorcio internacional que contribúe ao desenvolvemento da misión EUCLID da Axencia Espacial Europea (ESA). Trátase dunha ambiciosa misión que ten o obxectivo de investigar a orixe do universo, a historia da súa expansión e o crecemento das estruturas cósmicas durante os últimos 10.000 millóns de anos.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (134)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES