Buscador
Noticias
O profesor de Educación Visual e Plástica da USC na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo Salvador do Cidrás presenta no Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo 'As formas partilladas', un proxecto desenvolvido en colaboración con Juan Cidrás, no que se investiga o medio cerámico e textil desde unha perspectiva escultórica e pictórica.
Celébranse esta semana os Días Europeos da Artesanía a través de diferentes actividades de promoción e de divulgación dos oficios artesanais galegos. O evento, que comezou onte e remata o domingo 11 de abril, é unha iniciativa promovida en España pola Escuela de Organización Industrial (EOI) e pola súa área de promoción da artesanía, Fundesarte.
O Comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o nivel máximo de restricións para os concellos da Pobra do Caramiñal e O Grove. Ademais, a asemblea de expertos determinou o establecemento do nivel alto de restricións en seis concellos galegos, nomeadamente, na Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral.
A situación sanitaria provocada pola covid-19 impediu o pasado mes de novembro a habitual celebración, dentro da programación de Debut, do desfile no que os novos titulados e titulados de Esdemga presentan cada ano as coleccións que constitúen os seus proxectos de fin de estudos. Deste xeito, a colección 'Zebras in London? Why not?', o traballo de Sergio Villasante, poderá verse este domingo.
O XVII Congreso Nacional e IX Iberoamericano de Pedagoxía desenvolverase en liña entre os días 7 e 9 de xullo baixo o lema A educación en rede. Realidades diversas, horizontes comúns, xunto ao Focal Meeting, por primeira vez en España, da World Education Research Association (WERA). Este acontecemento constitúe unha oportunidade de reflexión e proposta de acción compartida dende un contexto histórico e culturalmente diverso.
O lucense Xurxo Morales Varela, de 17 anos, acada en Andorra o terceiro premio internacional de saxofón na sección de xóvenes talentos. Xurxo Morales Varela participou nesta sección do certame como único representante de España e competiu con outras nacionalidades como Francia, Rusia e Italia. Formado no Conservatorio e en centros de ensino de Lugo estivo á altura de saxofonistas formados en Versalles e Moscú.
En 2020 cumpriuse o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo. Cando Alonso Montero recibiu o Premio da Cultura Galega 2019 lembrouno: que ía facer Galicia para homenaxealo? Pois ben, a exposición na Cidade da Cultura 'As miradas de Isaac', a exposición nunha sala do Castelo de Santa Cruz 'Ensemble Isaac'
intervencións por parte dalgún concello e un blog no que se foron publicando 'Unha manda de pezas para Isaac', unha por día.