Notas de prensa

O lucense Xurxo Morales Varela acada en Andorra o terceiro premio internacional de saxofón

O lucense Xurxo Morales Varela, de 17 anos, acada en Andorra o terceiro premio internacional de saxofón na sección de xóvenes talentos. Xurxo Morales Varela participou nesta sección do certame como único representante de España e competiu con outras nacionalidades como Francia, Rusia e Italia. Formado no Conservatorio e en centros de ensino de Lugo estivo á altura de saxofonistas formados en Versalles e Moscú.

O xoven lugués estudante de saxofón, Xurxo Morales Varela, asistía esta semana (26 de marzo a 1 de abril) ás xornadas internacionais de saxofón, Andorra Sax Fest'21 que se celebran anualmente en Andorra la Vella, baixo a tutela dalgunhas das máis prestixiosas figuras do saxofón clásico (Claude Delangle, Alain Crepin, Vicent David, Mariano García, Nikita Zimin...). O Terceiro Premio acadado, supuxo un estimulante recoñecemento, ao tratarse da súa primeira participación, resultando ser o único partipante de España premiado en calquera das categorías. Como concursante na sección de ata 17 anos de idade, clasificouse a continuación de Chiara Beatrice Cannavale (Italia, 1° Premio) e Dmitry Pinchuk (Rusia, 2° Premio). Consciente de que isto só supón un bo comezo, agradece a formación inicial que, de xeito lúdico e dende moi pequeno, lle aportou seu pai, tamén músico.

Unha das sensacións máis gratificantes da recepción do premio foi poder contestar ás preguntas dos profesores do xurado sobre o seu centro de procedencia. Pudo nomear con orgullo o Xoan Montes de Lugo a carón dos de Versalles e Moscú, dos que procedían os outros premiados. Síntese en débeda coa dirección do Conservatorio de Lugo, de onde saen excelentes músicos lugueses aos que toma por referentes. Apreza a implicación con que exercen docencia nas Artes Escénicas en tantas Escolas e Conservatorios de toda Galicia persoas como o seu profesor principal, Alberto López. Así acontece co excelente profesorado do CMUS Xoan Montes, do que desexaría citar aos magníficos docentes que lle ensinan neste seu derradeiro curso en Lugo (6º de Grao Profesional), Marcos Mariño, Laura López, Henar Matesanz, Marta Couce, Dolores Carrera, Francisco Piñeiro e Adrián Real. Sen esquecer a grandes saxofonistas que o influencian nos últimos anos en Galicia, como Álex Troya, Adrián Pais e Toño Otero.

Xurxo Morales Varela, 2021-04-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES