
As creacións feitas polo colectivo artístico que conforman desde 2015 Salvador e Juan Cidrás céntranse na forma e no concepto de aberrante, aquelo que se afasta do comunmente establecido como normal, natural ou correcto, en oposición ao que se aferra á convención ou ao que é formal. Daquela, do mesmo xeito noutras exposicións, na infraestrutura que Salvador e Juan Cidrás presentan no MARCO de Vigo, as pezas amósanse capaces de establecer relacións entre elas e de mudar, xa a través da forma, a cor ou da súa instalación no espazo.
As cerámicas están creadas a partir de pezas ensambladas, unindo planos con relevo. A superficie lisa do exterior e a textura esmaltada e brillante do interior fúndense para establecer novas relacións espaciais entre as aperturas e os volumes. Nos téxtiles, estes creadores investigan as posibilidades tridimensionais dos teares. Aproveitan a base flexible da urdimbre para desenvolver relacións espaciais entre a textura do tecido, o metal e o plano da parede.
As formas partilladas é o proxecto co que reabre ao público a planta baixa do Museo de Arte Contemporánea de Vigo logo das obras de remodelación desenvolvidas durante o mandato de Miguel Fernández-Cid como director da institución. Daquela, co gallo da reapertura destas instalacións, o MARCO presenta proxectos de instalacións específicos para cada unha das tres salas, infraestruturas nas que as pezas se relacionan co espazo e crean percorridos que xogan coas diferentes formas, cores e escalas. Ademais, alén desta nova creacións dos Cidrás, a planta inferior do Museo de Arte Contemporánea de Vigo amosará tamén desde o sábado 10 de abril outros tres proxectos, cuxa autoría é obra do artista Rosendo Cid e das artistas Mar Vicente e Mónica Alonso.
Traxectoria do colectivo
A traxectoria do colectivo artístico que conforman Salvador e Juan Cidrás xa é ampla. De feito, entre as súas exposicións cómpre citar moi diversos escenarios, tales como Breaking Boundaries, Claustro da Igrexa de San Simpliciano, Milán (2017); Esgazados, Galería Vilaseco, A Coruña (2018); Galería Salvatore Lanteri, Milán (2018); Formabesta, Sight Unseen Offsite, Hub Space, Nova York (2018); New Realities, Understanding Design, Sala XYZ, Barcelona (2018); Galería Casado Santapau, Madrid (2020). Ademais, a partir de mediados de xuño, o seu traballo poderá verse na Galería Municipal do Porto, a través da exposición Pés de barro.
Un total de cinco candidaturas galegas optan como finalistas aos XIX Premios Nacionais de Artesanía, convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Galicia convértese así na comunidade con máis finalistas, con candidaturas en catro das cinco categorías. En concreto, os ceramistas Barreiros Artesanía e a deseñadora e redeira Amalia Puga optan ao Premio Produto, mentres que Sandra Vilas é candidata por segundo ano consecutivo ao Premio Emprendemento. Na categoría Promociona para Entidades Privadas, resultou finalista a asociación APAMP e a súa marca A Casa Rodante; e no Promociona para Entidades Públicas, é candidata a Fundación Pública Artesanía de Galicia.
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, anunciou que a Xunta vai desenvolver o título II da Lei de Xuventude de Galicia' para mellorar a calidade dos servizos que se prestan á mocidade galega con medidas para 'incrementar o número de monitores nos campamentos ou flexibilizar os requisitos para poder exercer este traballo'. Así se recolle no proxecto de decreto co que se actualiza o segundo título desta normativa que foi avaliado hoxe no Consello da Xunta e que se publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia 'despois dun longo proceso de participación e diálogo cos axentes implicados' a través de distintos espazos de escoita activa.