Notas de prensa

O XVII Congreso Nacional e IX Iberoamericano de Pedagoxía celebrarase en Santiago en xullo

O XVII Congreso Nacional e IX Iberoamericano de Pedagoxía desenvolverase en liña entre os días 7 e 9 de xullo baixo o lema ‘A educación en rede. Realidades diversas, horizontes comúns’, xunto ao Focal Meeting, por primeira vez en España, da World Education Research Association (WERA). “Este acontecemento constitúe unha oportunidade de reflexión e proposta de acción compartida dende un contexto histórico e culturalmente diverso”.

O relatorio inaugural correrá a cargo de Stefania Giannini, subdirectora xeral de Educación da UNESCO quen afondará nesta institución e a na Axenda 2030, así como nos seus desafíos e propostas. Asemade, na xornada previa ao inicio do Congreso desenvolveranse diversos workshops sobre publicar en revistas científicas de impacto, deseñar proxectos de investigación ou sobre como crear material didáctico interactivo, entre outros eidos.

A inscrición anticipada pode formalizarse ata o 15 de abril con tarifa reducida.

Universidade de Santiago de Compostela, 2021-04-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES