Buscador
Noticias
A Sede do Instituto de Estudos Ulloáns acolle este sábado a presentación dos últimos libros de Xosé Lois García, as obras teatrais O proceso a Lucía Fidalgo e Auto do demo e da viñateira e o poemario No soño dos ollos. No acto, que estará aberto ao público ata completar aforo, o autor estará acompañado do director do Instituto de Estudos Ulloáns, Francisco Pardo, o escritor e investigador Héitor Picallo e o alcalde do Concello de Monterroso, Miguel Rico.
A Irmandade Manuel María a e Asoc C. Xermolos organizan este acto na honra do seu presidente Alfonso. Hai xa uns anos que quedara en facer unha homenaxe agradecida aos "da Lexía". Quedara en facelo por mor dun encontro cunha muller na memoria de recuperar aqueles que loitaron pola dignidade e a lei. Tamén contaba facelo a partir dunha aportación económica que, por distintas razóns que ignoramos, non se producíu.
O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CiTIUS) convoca por cuarto ano consecutivo a representantes da industria e o sector público na xornada de portas abertas 'Inside the Lab' do vindeiro 6 de xullo. Quen desexe participar no encontro, concibido para pór en valor os últimos avances de investigación desenvolvidos no centro, deberá cubrir antes do 5 de xullo o formulario de inscrición.
A sexta edición do ciclo Cultura no Camiño chega este verán a Ourense cunha carteleira de 11 actuacións de música e teatro, que abre este xoves día 5 a cantante Lucía Pérez co concerto que ofrecerá ás 22:30 na praza de San Martiño. O ourensán é un dos 103 concellos das rutas xacobeas que colaboran neste programa, organizado por Agadic e Turismo de Galicia co patrocinio de Gadis, que desenvolverá 342 citas culturais ata finais de setembro.
Presentouse en Lugo o Blues Museum, segunda edición do Festival Internacional de Blues de Lugo, totalmente gratuíto, que organiza o Goberno da Deputación, coa colaboración do Concello de Lugo, os días 20 e 21 de xullo, na praza da Soidade da capital lucense. Esta nova programación musical conta cos artistas máis punteiros do blues así como as novas promesas deste repertorio, chegados de distintos puntos do mundo, como Estados Unidos, Italia, Inglaterra ou España.
Tras moitos meses debatendo sobre as bolsas de plástico, xa hai sobre a mesa un Real Decreto que obriga aos comercios para cobrar polas bolsas de plástico dun só uso a partir deste domingo, e que esixe a súa retirada do mercado a partir de 2021. A lexislación tamén inclúe a prohibición das bolsas de plástico oxodegradable en 2020. É un material que se divide en pequenas partículas de plástico en moi pouco tempo.
Chegados de todos os recunchos de España, este luns chegaron a Santiago os primeiros trinta estudantes de primeiro de bacharelato que escolleron a Universidade compostelá para participar nos Campus Científicos de Verán que xa van pola súa novena edición. Logo foron recibidos na Residencia Colexio Maior Fonseca pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo, e polo coordinador dos campus científicos, Luís Hervella