Archivo (1 del 2017)

Buscador

Noticias

Os encontros cos finalistas, as proxeccións dos traballos gañadores e candidatos e a colaboración con outras academias do resto do Estado reforzan a gala como accións de recoñecemento da industria galega do cinema e da televisión. Agadic colabora coa Academia Galega do Audiovisual nos 15ª Premios Mestre Mateo.
A campaña pretende ser unha forma de que esta entidade poida seguir aumentando a súa cifra de persoas asociadas, tendo como elemento central da mesma a figura das persoas que conforman a base social do Museo. A entidade entende que os seus socios e socias son parte do sostén económico e social e tamén testemuña da participación da sociedade no Museo.
O Correo do Nadal recolleu durante as pasadas semanas centos e centos de cartas escritas polos nenos e nenas de Santiago, dirixidas aos personaxes máxicos que cada ano lles traen os agasallos destas festas. Cumprindo o encargo que recibiran, os nenos e nenas foron escritores imaxinativos e tamén ilustradores creativos.
A inscrición na quinta edición deste campionato científico, dirixido a estudantes de entre 12 e 18 anos, permanece aberta ata o 14 de marzo de 2017. O 3DMobile é un certame de modelado 3D de precisión con teléfono móbil ou tablet que organiza o grupo USCAN3D da USC e que abriu recentemente a súa quinta edición.
O xurado do XXVII Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán decide conceder o primeiro premio a Manuel Carballeira Rivas, natural de Sistallo-Cospeito, veciño de Valdoviño (A Coruña), pola obra “Baixamar”. Concedéronse tamén tres mencións de honra a outras tantas obras pola súa calidade.
Un total de 83 espazos acolleron a programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, a Rede Galega de Música ao Vivo e a Rede Galega de Salas, cun incremento de actividade próximo ao 10 por cento respecto ao ano anterior. A nova carteleira semestral destes tres circuítos arranca o día 12 de xaneiro de 2017, según confirma Agadic.
O documento ofrece de maneira moi visual datos e indicadores da actividade universitaria neses dous anos. Tamén fala do capital humano, que contabiliza máis de 3.000 persoas entre persoal docente e investigador e de administración e servizos, cunha idade media de 52,7 para o primeiro e de 49,6 para o segundo, según a Memoria RSS.
As bolsas incrementan o seu importe mínimo dos 80 aos 105 euros, chegando a un máximo de 175 euros ao mes. Manteñen unha duración máxima de 9 meses, 2 máis ca o máximo establecido polo Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos. A solicitude deberá realizarse por medios telemáticos.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (152)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES