Notas de prensa

A Memoria de RSS posiciona á USC como unha universidade comprometida coa súa contorna

O documento ofrece de maneira moi visual datos e indicadores da actividade universitaria neses dous anos. Tamén fala do capital humano, que contabiliza máis de 3.000 persoas entre persoal docente e investigador e de administración e servizos, cunha idade media de 52,7 para o primeiro e de 49,6 para o segundo, según a Memoria RSS.

44 titulacións oficiais de grao, 57 másteres oficiais e 54 programas de doutoramento impartidos a máis de 29.000 alumnos –o 40% do Sistema Universitario de Galicia­–, cun grao de satisfacción coa docencia que chega aos 8 puntos nunha escala de 10 e cunha taxa de éxito global que se aproxima ao 90%.

Estes son algúns datos recollidos na Memoria de Responsabilidade Social 2014-2015 que este xoves se presentou en San Xerome e que dá conta do desempeño económico, ambiental e social correspondente aos exercicios deses dous anos. No acto participaron o reitor Juan Viaño e a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Ãlvarez , que estiveron acompañados da coordinadora do Servizo Universitario de Residencias con competencias no ámbito de Residencias e Responsabilidade Social, María Dolores Cadaval Sampedro.

Na súa intervención, o reitor salientou que o pasado bienio ten sido “o da consolidación dos aspectos fundamentais, tratando de manter o equilibrio orzamentario, a redución da débeda e o avance no compromiso social e medioambiental”. De feito, dixo, “varios recoñecementos internacionais nos permiten falar dun camiño correcto na docencia e na investigación”.

“Somos ademais –engadiu– unha universidade que fomenta o emprendemento e a transferencia de resultados de investigación á sociedade, algo que dá como resultado os numerosos premios que conseguiron os nosos docentes e investigadores así como tamén o posicionamento da institución en ránkings mundiais, como o de Shanghái”.

USC en cifras
O documento ofrece de maneira moi visual datos e indicadores da actividade universitaria neses dous anos. Tamén fala do capital humano, que contabiliza máis de 3.000 persoas entre persoal docente e investigador e de administración e servizos, cunha idade media de 52,7 para o primeiro e de 49,6 para o segundo.

No apartado de investigación e transferencia é salientable o incremento nun 15% de captación de recursos externos por parte do persoal investigador con respec­to a 2013 –65 millóns de euros captados en convocatorias competitivas e 20 en non competitivas– e a incorporación de 271 persoas investigadoras nas diferentes categorías predoutorais, posdou e persoal de apoio. Ademais, a Fundación CYD situaba en 2014 a USC na cuartaposición en número de solicitudes de patentes españolas.

No que respecta á produción científica e resultados de investigación hai que destacar as máis de 600 teses de doutoramento defendidas nese período, os máis de 3.400 artigos publicados en revistas científicas de impacto (JCR) e os case 400 libros e monografías publicadas.

A memoria ofrece tamén datos sobre o compromiso da USC co medio ambiente, que se traduce nun esforzo en materia de desenvolvemento sostible que sitúa a institución como a única galega e a novena de España recoñecida no GreenMetric of World University Ranking. O documento remata coa parte dedicada á economía salientando, entre outras cifras, a redución do déficit nese período en 2.137.794,17 euros.

Novena edición
Trátase da novena memoria destas características que edita a Universidade compostelá e é a primeira que se redacta de acordo coa versión G4 da guía para memorias de sostibilidade de Global Reporting Initiative (GRI). Para a súa elaboración tívose moi en conta a participación dos grupos de interese da USC: estudantado, persoal, provedores, empresas, institucións docentes, administracións públicas, terceiro sector e sociedade.

A USC conta cun espazo web especialmente dedicado a reportar nesta materia (USC Responsable), onde se pode atopar a información, os datos e indicadores, así como as versións dixitais de todas as memorias editadas.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2017-01-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (estudantes.jpg) A Consellería de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios específicos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román Rodríguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
Foto de la tercera plana (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.

Notas

A Universidade de Santiago de Compostela presenta a súa programación para o Outono Cultural de 2026, unha proposta que reúne música, exposicións, audiovisual, teatro e formación, con novas iniciativas que amplían a oferta en materia de cultura da institución. Entre as principais novidades no campus compostelán destaca ‘Sons de peto’, un novo ciclo de música de pequeno formato pensado para un gran espazo como a Igrexa da Universidade.
Ecofeminismo, arte en contexto, comunidade, herdanza e territorio. Estes cinco conceptos guían ao longo desta semana os once artistas, investigadoras e investigadores que participan en Ons na residencia Geografía Poética, promovido pola profesora da Facultade de Belas Artes da UVigo Holga Méndez e a docente da Universidad de Zaragoza Belén Díez, no marco da rede europea Artistic Intelligence. Responsiveness, accessibility, responsibility, equity (ARTinRARE).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES