Buscador
Noticias
Nesta actividade, profesionais da Fundación ofrecen aos estudantes consellos básicos sobre a elaboración de vídeos e ferramentas audiovisuais para presentar os seus proxectos. A TIC e o campus lucense continúan colaborando para reforzar a relación entre a Universidade e a FP por un ensino público de calidade.
O BNG confía na responsabilidade da formación socialista para dar unha alternativa en Lugo e reitera que o 24M a cidadanía reclamou un cambio profundo na administración local. Di que non apoiará a imputados e que non son tempos para decisións unilaterais, senón para dialogar.
Co capital da Fundación Gaiás constituirase un fondo xestionado pola Fundación Cidade da Cultura e dedicado íntegramente ao financiamento do programa cultural do Gaiás. A decisión permitirá suprimir duplicidades, simplificar o modelo de xestión e adecuarse á realidade da Gaiás, tras a decisión de non construír os dous edificios pendentes.
O Concello de Lugo elaborou un programa integrado por máis de 260 actividades durantes tres días, co fin de celebrar o Arde Lvcvs 2015, declarada Festa de Interese Turístico. Ata o 21 de xuño, apodérase de cada recuncho de Lugo "un fenómeno máxico" que transforma a cidade e a retorna a tempos ancestrais.
Os emprendedores poden presentar as súas candidaturas ata o 15 de xullo na dirección http://galicia.openfuture.org/. O programa, de seis meses de duración, permitirá a 50 startups galegas madurar a súa idea a través de formación especializada e apoio económico. Todos os profesionais e startups que participen na iniciativa contarán cun patrocinio de 2.000 euros.
A primeira edición do evento, dirixido por Xaime Arias, celebrarase arredor da proxección deOs fenómenos no Graduate Centre da City University of New York, e dun acto socio-gastronómico no Instituto Cervantes. Academia Galega do Audiovisual, Galicia Calidade e TVG tamén apoian o evento para produtores, directores, distribuidores, prensa especializada e mercado de cine.
Nunha semana, triplicouse o alcance das publicacións sobre a campaña dende o Facebook da Deputación, cun alcance de 35.000 persoas. O 37% das visitas foron dende Lugo, o 16% de Santiago, 13% A Coruña, 8% Vigo, 4% Ourense e 3% Pontevedra. Destacan as consultas dende Madrid, co 15%; e dende Barcelona, co 4%. Do extranxeiro, proviñeron o 36%.
ste programa permite que as persoas maiores, en risco de exclusión ou dependentes reciban no seu fogar unha alimentación de calidade, adaptada ás súas necesidades. O servizo proporciona tamén un seguemento individualizado dos usuarios e posibilita a detección de necesidades psicosociais.
O PPdeG solicita instrumentos financeiros para apoiar os investimentos e o funcionamento operativo dos autónomos, emprendedores e pequenas e medianas empresas. Estamos iniciando un proceso de recuperación económica e para afortalar este crecemento é fundamental que as empresas teñan acceso ao financiamento.
Tras a comparecencia do secretario Xeral de Universidades, para presentar o Plan de financiamento do Sistema Universitario de Galiza 2011-2015, o deputado do BNG, Cosme Pombo resaltou os recortes que provocan a asfixia económica das Universidades galegas (UDC, USC e UDV).