Archivo (4 del 2010)

Buscador

Noticias

A Deputación Provincial de Lugo afirma que a recuperación e distribución dos primeiros exemplares da Letanía de Galicia, publicado en 1972, fan parte da contribución ao recoñecemento do Día das Letras Galegas a Novoneyra.
Catro décadas despois dos movementos estudantís do ano 68 en Compostela, a USC tributou un simbólico recoñecemento a un grupo de estudantes da época, entregándolle un novo expediente universitario sen anotacións ou referencias que non foran estritamente académicas ou persoais.
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica achegará 2.550.000€ para potenciar o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información e convoca axudas ao sector TIC por 8 millóns.
Os doce eurodeputados, a quen se lle entregaron exemplares da memoria de Responsabilidade Social da USC, conversaron cos responsables universitarios sobre o Espazo Docente de Educación Superior (EEES).
Esta iniciativa da Xunta de Galicia subvencionará aos desempregados que se constituíron como traballadores autónomos a partires do 16 de setembro de 2009. O prazo para solicitar estas axudas rematará o 30 de xuño.
A Compañía Aérea Air Nostrum bautizou un avión da súa flota co nome de Galicia. O avión, un CRJ 200, ten capacidade para 50 pasaxeiros. Viaxará a sete países de Europa e ao Norte de África. Air Nostrum abre en maio novas rutas de enlace A Coruña-Valencia e Vigo-Sevilla.
O Arcebispado de Santiago de Compostela amosa o seu interese pola utilización da lingua galega na súa actividade eclesial, especialmente neste Ano Santo 2010 e de xeito concreto na Misa do Peregrino ou na páxina web. Así compartirase cos peregrinos de fóra de Galicia unha das maiores riquezas da comunidade.
Para a Xunta de Galicia, a mostra da Feira Internacional do Libro de Bos Aires é unha pequena testemuña decisiva para achegarse ao universo intelectual e vital dun pintor de mirada cosmopolita como foi Luís Seoane. Bos Aires acolle 33 escritores vistos por Seoane.
Galicia recibirá do Ministerio 279.207 euros para programas de asistencia integral ás vítimas de violencia de xénero, dos que 205.000 terán que ser destinados a mulleres inmigrantes e 75.000 menores vítimas da violencia machista.
Esta iniciativa ofrece unha mostra do que ocorre no panorama audiovisual galego co obxectivo de promocionar un sector estratéxico, ademais de impulsar as producións e artistas autóctonos e foráneos.
« Anterior | 1  de  5 | Siguiente »

Archivo

2026 (148)

2025 (339)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES