
A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, asistiu en Madrid á Conferencia Sectorial da Igualdade, presidida pola ministra Bibiana Aído e na que estiveron presentes as máximas responsables de igualdade de todas as Comunidades Autónomas, e na que se abordou a distribución do crédito de 5 millóns de euros para a asistencia social integral as vítimas de violencia de xénero.
En 2010, o Ministerio de Igualdade destinará un total de 5 millóns de euros ao Fondo para a Asistencia Integral das vítimas de violencia de xénero, dos que 1,5 millóns irán para programas de atención ás e aos menores afectados pola violencia, que segundo o goberno central afectan a 800.000 nenas e nenos.
Galicia recibirá 279.207 euros, dos cales 75.563 irán para programas, actividades e actuacións con vítimas menores expostas a situacións de violencia, e 203.644 euros para mulleres inmigrantes vítimas de violencia de xénero.
En opinión da secretaria xeral da Igualdade, a cantidade que recibe Galicia é insuficiente, e ademais os novos criterios de adxudicación que inclúen o número de mulleres inmigrantes residentes en cada comunidade e o número de menores-, provocan un reparto que beneficia as comunidades con moita poboación e sobre todo a aquelas con maior poboación inmigrante.
Galicia, Castela-León e Aragón solicitaron da Conferencia Sectorial que se teña en conta a dispersión poboacional como criterio para o reparto destes fondos, xa que esa dispersión provoca maiores dificultades á hora de atender adecuadamente as necesidades das vítimas, dificultades orzamentarias e tamén organizativas, dixo a secretaria xeral ao finalizar a reunión.
As mandatarias autonómicas aproveitaron a ocasión para reforzar a condena á violencia de xénero nun ano no que o número de mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas tense incrementado de xeito moi grave en un mes, o de abril, particularmente triste no que se refire ao número de falecementos de mulleres.
A secretaria xeral da Igualdade recordou que é necesaria a implicación de toda a sociedade para erradicar a violencia de xénero, lembrando ademais a importancia da denuncia para que as administracións podan poñer en marcha os recursos existentes para ás mulleres vítimas e as súas fillas e fillos .
Acordos da presidencia española
Outro dos puntos da orde do día era informar sobre os acordos adoptados durante a presidencia española da UE en materia de igualdade e na eliminación da violencia de xénero.
Nese sentido, na conferencia falouse sobre a Declaración de Cádiz, adoptada na Cimeira Europea de Mulleres no Poder, que supón un chamamento as institucións da UE, aos gobernos dos 27 Estados membros, e aos axentes sociais, culturais e económicos, para que muden os obstáculos que impiden a plena participación das mulleres en tódolos ámbitos da sociedades e o seu acceso e permanencia nos postos de toma de decisións, contribuíndo así a sociedades máis xustas, máis iguais, máis inclusivas e eficientes.
Tamén se presentaron as conclusións sobre a erradicación de violencia contra sas mulleres, adoptadas no Consello de Asuntos de Emprego, Política Social, Sanidade e Consumo (EPSSCO), que foron aprobadas por unanimidade o pasado 8 de marzo en Bruxelas, e que teñen coma obxectivo mellorar a coordinación e fomentar o establecemento de boas prácticas a escala europea, entre elas a creación dun Observatorio Europeo de violencia contra as mulleres que terá a súa sede no Instituto Europeo de Xénero.
Por último presentouse a Declaración do Trío de Presidencias: España, Bélxica e Hungría, realizada o pasado 26 de marzo en Valencia, na que se propón que os Estados membros prioricen a introdución da perspectiva de xénero en tódalas políticas da UE, e que na futura estratexia 2020 se establezan obxectivos cuantificados para erradicar as desigualdades do mercado de traballo, entre eles, unha taxa de emprego feminino do 75%.
Galicia ostentará a Vicepresidencia da Conferencia Sectorial
Ademais, na conferencia procedeuse ao relevo da comunidade autónoma que ostentaba a vicepresidencia, a de Cataluña, por Galicia, que é a quen corresponde ostentala durante o vindeiro semestre.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.