Notas de prensa

Destínanse 18 millóns ao fomento do autoemprego duns 3.000 galegos e galegas

Esta iniciativa da Xunta de Galicia subvencionará aos desempregados que se constituíron como traballadores autónomos a partires do 16 de setembro de 2009. O prazo para solicitar estas axudas rematará o 30 de xuño.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde a través da que a Consellería de Traballo e Benestar investirá 18 millóns de euros en axudas para fomentar o autoemprego, o que beneficiará a máis de 3.000 desempregados galegos e galegas. O prazo para solicitar as axudas rematará o 30 de xuño e poderán acceder ás mesmas os desempregados que se constituíron como traballadores autónomos a partires do 16 de setembro de 2009.

A iniciativa ten por finalidade fomentar o emprego autónomo entre os galegos e galegas, en tanto se considera unha vía eficaz para facilitar a incorporación ou reincorporación das persoas desempregadas ao mercado de traballo, ao tempo que se fomenta a creación de microempresas, que son as xeradoras de emprego, riqueza e benestar en Galicia.

Esta orde, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, contén diversos tipos de axudas, entre as que se inclúen, por primeira vez, incentivos para a primeira contratación indefinida que realicen os autónomos no seu primeiro ano de actividade.

Ademais, este programa concede axudas a fondo perdido aos desempregados polo feito de constituírse en traballadores autónomos. Esta axuda pode acadar os 10.000 euros. Tamén se prevé unha axuda financeira para a reducción dos xuros do préstamo, que sexa necesario solicitar para afrontar os investimentos en inmobilizado material.

Ademais a iniciativa da Xunta conta cunha liña de financiamento parcial dos custos da formación do autónomo en xestión empresarial e nas novas tecnoloxías da información e comunicación, así como dos estudos que sexan necesarios para consolidar a viabilidade destes proxectos empresariais.

Este programa mellorase respecto ao estatal con dous axudas máis, a subvención para financiar parcialmente os gastos da posta en marcha da nova actividade e os incentivos á primeira contratación indefinida que se formalice no primeiro ano de actividade.

Hai que salientar que este programa presta especiais apoios a aquelas persoas que pertencen aos colectivos con maiores dificultades de inserción laboral: persoas con discapacidade, persoas que pertencen a colectivos en risco de exclusión social, persoas que esgotaran a prestación por desemprego, parados de longa duración, emigrantes retornados, mulleres e mozos. Algún destes traballadores poden alcanzar unha axuda máxima de 33.600 euros. Ademais, por primeira vez se ten en conta, para o calculo da contía das axudas, o feito de establecerse como autónomo no rural galego coa finalidade de apoiar a cohesión no territorio e o desenvolvemento económico no rural da Comunidade autónoma.

Este programa inscríbese no resto de iniciativas que a Consellería de Traballo e Benestar está a poñer en marcha para favorecer a situación dos autónomos galegos e dos emprendedores. Así, a través de distintos programas, o departamento autonómico destinará a este colectivo máis de 28 millóns de euros.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-04-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES