//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Como explicaron, ao abeiro do Creative Loci Iacobi, Galicia estará incluída nos diferentes tours virtuais creados en Europa dos que forman parte diferentes puntos de España, Bélxica, Francia, Lituania, Polonia ou Portugal. Son viaxes audioguiadas, con música e sons que teñen como guía un personaxe histórico destacado en cada un dos oito territorios do proxecto. No caso de Galicia o narrador é o Mestre Mateo.
A Directora da Amtega, no I Congreso de ISACA en Santiago, destacou a importancia de crear confianza para que os cidadans se desenvolvan nun contexto dixital, e lembrou que o Goberno galego aposta pola ciberseguridade reformando o Plan de Seguridade con mais orzamento e novas medidas ata o 2021.
90 axentes do sector agrogandeiro participaron en Forcarei na primeira xornada Primare Demo-Days, na que se abordaron as oportunidades e os retos do proxecto piloto de innovación Primare Inspeccións Intelixentes Avanzadas da Xunta para automatizar os controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC).
Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago adscritos ao Centro de Investigación Biomédica en Rede-Fisiopatología da Obesidad e a Nutrición (CIBERobn), coordinan un estudo que descubriu un mecanismo mediante o que algúns fármacos utilizados para o tratamento doutras enfermidades diminúen tamén o peso corporal.
Na procura de predicir o patrón de expansión que pode chegar a ter a avespa asiática, un equipo da USC desenvolveu a plataforma VeluMap para a predición da distribución, tanto espacial como temporal, deste insecto. Coñecer en tempo real onde se localiza a avespa velutina e poder cruzar estes datos coas características ambientais actuais desas localizacións permite mellorar o coñecemento da especie.
O 85,6% dos fogares galegos ten un servizo de internet contratado, segundo se recolle no estudo A Sociedade da Información nos fogares galegos 2018. Esta porcentaxe supón un incremento dun 20% respecto ao ano 2015, o dobre que o rexistrado no conxunto do Estado no mesmo período de tempo. A convivencia con nenos eleva, considerablemente, a porcentaxe de contratación de internet. O 99% dos fogares con nenos en idade escolar teñen internet contratado mentres que nos fogares sen nenos a porcentaxe descende ata o 81,4%.
O grupo do profesor Jesús Requena, xunto con investigadores da Universidade de Trento (Italia) acaba de presentar un modelo computacional que revela os mecanismos da replicación dos prións, os axentes responsables das enfermidades das vacas tolas e os cervos zombis. O estudo representa un importante avance no coñecemento destes enigmáticos patóxenos que tamén afectan aos seres humanos.
O Clúster Transfronteirizo Biotecnolóxico (CT-Bio) acaba de presentar na Zona Franca de Vigo un novo Hub biotecnolóxico, que se une así á Rede CTBio-Labs para o impulso do sector biotech e que xa conta con instalacións na USC, na Universidade do Minho e no Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía de Braga. O CT-Bio vai servir de apoio para detectar e madurar proxectos de cara á súa presentación na candidatura da Bioincubadora.
O Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia Norte de Portugal (CEER) coordina o proxecto Atlantic-POSitiVE (Conservation of Atlantic Pollination services and control of the invasive species vespa velutina), unha iniciativa na que colabora a USC e que está considerada como o maior proxecto de investigación posto en marcha en Europa para frear a avespa asiática, cun orzamento de máis de 2,3 millóns de euros e a implicación de dez institucións de España, Portugal, Francia, Irlanda e Reino Unido.
O Centro singular de Investigación en Tecnoloxía Intelixentes (CiTIUS) reforzará a súa estreita relación con empresas e administracións o vindeiro día 12 de xullo coa quinta edición da Xornada de Demostración Tecnolóxica Inside the lab. O evento repite un ano máis como encontro de referencia perante os distintos axentes do tecido socioeconómico, co propósito de amosar aos representantes de organizacións públicas e privadas as oportunidades que presentan os resultados de investigación máis recentes do centro.