Notas de prensa

O Clúster Transfronteirizo Biotecnolóxico suma un Hub biotecnolóxico na Zona Franca de Vigo

O Clúster Transfronteirizo Biotecnolóxico (CT-Bio) acaba de presentar na Zona Franca de Vigo un novo Hub biotecnolóxico, que se une así á Rede CTBio-Labs para o impulso do sector biotech e que xa conta con instalacións na USC, na Universidade do Minho e no Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía de Braga. O CT-Bio vai servir de apoio para detectar e madurar proxectos de cara á súa presentación na candidatura da Bioincubadora.

No acto de presentación interveu José Luis Villaverde Acuña, director da Ãrea de Valorización, Transferencia e Emprendemento da universidade compostelá (AVTE), destacando que “esta Rede de Hubs de Biotecnoloxía do proxecto CT-Bio, encaixa perfectamente na Estratexia Galega de Impulso á Biotecnoloxía e dálle un alcance transfronteirizo ao coordinar infraestruturas e capacidades de Galicia e Norte de Portugal”.

O proxecto CT-Bio enmárcase dentro do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) e ten como obxectivo o “crecemento integrador a través dunha cooperación transfronteiriza a favor da competitividade empresarial” na procura do “desenvolvemento e a implementación de novos modelos empresariais para as Pemes, en particular a internacionalización”. Trátase dunha aposta por relanzar un sector "en auxe que é moi transversal e que inflúe noutros subsectores importantes na economía da Eurorrexión, como son o forestal, o marítimo-pesqueiro, o alimentario ou o farmacéutico, entre outros".

Os seus obxectivos son mellorar a competitividade das empresas do sector e favorecer o acceso conxunto a mercados exteriores, xunto coa consolidación do sector biotech e das ciencias da vida na región transfronteiriza cunha folla de ruta conxunta e baseada na colaboración e cooperación entre axentes e empresas a ambos os dous lados da fronteira.

Universidade de Santiago de Compostela, 2019-07-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ãtaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES