//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
A Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) acolle este xoves e venres 27 a reunión de posta en marcha do proxecto 'Establishment of training and research centers and course development on Intelligent Big Data Analytics in Central Asia' (ELBA). Este proxecto de formación de capacidades, que coordinarán a USC e o CiTIUS, participan tamén outras institucións de Uzbekistán, Kazakhstán, Kirgizistán e Tadzhikistán, Italia e Eslovenia, e reúne a máis de 30 membros da comunidade universitaria de Asia Central e Europa.
Máis de cen anos despois do seu descubrimento polo físico austríaco Victor Hess en 1912 empregando un globo aerostático a 5.300 metros de alturas, séguese avanzando na comprensión da orixe e natureza dos raios cósmicos. Dada a súa incidencia sobre os sistemas de comunicacións e de posicionamento global, como o GPS e outros dispositivos electrónicos, tense convertido nun tema de grande actualidade.
Investigadores da USC acaban de descubrir que a contaminación ambiental leva afectando á vida das persoas durante máis de 2000 anos, tal e como pon de manifesto o estudo de esqueletos da época romana e medieval no noroeste da Península. A minería e a metalurxia masivas deses séculos reflíctense á perfección nos ósos das persoas que viviron nese ambiente contaminado, explica a directora da investigación, Olalla López Costas, que destaca a presenza de chumbo e mercurio nos esqueletos analizados na necrópole da Lanzada.
Un novo traballo desenvolvido integramente no Centro Singular en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) polo investigador posdoutoral Marie Curie Nacho Insua mostra por primeira vez un novo mecanismo secuencial, no que pequenos péptidos seguen unha ensamblaxe ordenada en diferentes dimensións. Así, nun primeiro momento os péptidos emsámblanse nunha dimensión (1D), dando lugar a tubos nanométricos que, máis tarde, forman láminas en 2D.
O European Research Council (ERC, Consello Europeo de Investigación) vén de conceder unha nova axuda Proof of Concept (PoC, 'Proba de Concepto') ao proxecto antiCSC, dirixido polo profesor José Luis Mascareñas, director científico do CiQUS. O apoio da máxima institución comunitaria en materia de investigación servirá para financiar o deseño e desenvolvemento de compostos químicos baseados en metais.
A Colaboración Científica LIGO, na que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías da USC (IGFAE), e a Colaboración Virgo anunciaron a primeira detección de ondas gravitacionais do terceiro período de observación (O3). A orixe deste evento, denominado GW190425, atópase na fusión dun sistema binario de estrelas de neutróns cunha masa total de ao redor 3,4 masas solares. Os resultados foron presentados no congreso da Sociedade Astronómica Americana en Honolulu, Hawaii.
O proxecto 'XuvenCiencia. Fago, logo aprendo', promovido e desenvolvido polo grupo de investigación docente homónimo do Campus Terra da USC e recoñecido pola Federación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) como unha das mellores propostas nacionais para o fomento da creatividade e de vocacións científicas entre o alumnado, dispón aínda dalgunhas prazas para docentes de ESO, BAC ou FP interesados en participar na sexta edición da Xornada XuvenCiencia para profesorado.
A Amtega quere contar coas achegas dos máis novos na elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030. Así, a Axencia autonómica lanza dous concursos, cuxos obxectivos son explorar a creatividade dos máis novos a través do debuxo ou a narración, estimular a reflexión sobre como a transformación dixital afectará a nosa Comunidade nos próximos 10 anos, así como sensibilizar sobre o impacto da dixitalización na nosa Comunidade e dar a coñecer o proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030.
O detector Califa, un novo calorímetro capaz de detectar partículas cargadas e radiación gamma dun rango enerxético sen precedentes, acaba de ser instalado no experimento R3B do acelerador FAIR en Darmstadt (Alemaña) para estudar a estrutura de núcleos atómicos exóticos neste acelerador. O deseño e construción de Califa estivo liderado polo grupo da profesora da Facultade de Física Dolores Cortina, investigadora do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).
A fase final terá lugar os días 21 e 22 de decembro no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda. O obxectivo é configurar un completo fin de semana de competición entre os 16 equipos que se clasifiquen para a fase final. Nos Espazos Xoves de menor poboación (Betanzos, Curtis, Noia, Pontedeume, Vilalba, Viveiro, Chantada e Tui) clasifícase un equipo por zona, mentres que nos catro de maior poboación (Carballo, Ourense, Lalín e Vilagarcía) serán dous.