//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 3.758, deles 817 son da área da Coruña, 371 da de Lugo, 520 da de Ourense, 366 da de Pontevedra, 928 da área de Vigo, 547 da de Santiago, e 209 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 147 permanecen en UCI, 822 están en unidades de hospitalización e 2.789 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 187 altas de pacientes e 94 falecementos.
A Xunta de Galicia pon en marcha esta semana na Cidade da Cultura o programa Aventuras no monte das artes, unha actividade en liña que achegará ás familias contidos para que a cativada explore as súas habilidades artísticas a través de xogos e divertidos desafíos. Trátase de ofrecer recursos culturais e de lecer neste momento de confinamento e no marco da campaña da Consellería de Cultura e Turismo #aculturasegue. A través da personaxe a 'Raposa Fedella' iráselles presentado ás familias no Facebook, Instagram ou Twitter da Cidade da Cultura- desafíos e retos vencellados coa pintura, coa arquitectura, coa fotografía ou con outras disciplinas artísticas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 3.476, deles 807 son da área da Coruña, 289 da de Lugo, 479 da de Ourense, 348 da de Pontevedra, 866 da área de Vigo, 529 da de Santiago, e 158 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 134 permanecen en UCI, 766 están en unidades de hospitalización e 2.576 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 168 altas de pacientes e 79 falecementos. Os ultimos falecementos corresponden a unha muller de 86 anos, e dous varóns de 89 e 79, todos eles ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
Logo de que o Goberno de España comunicase a decisión de adoptar medidas máis restritivas para a economía ante a pandemia do coronavirus, Alberto Núñez Feijóo trasladou a Pedro Sánchez a necesidade dun peche ordenado das actividades económicas. Trasladeille ao Goberno central que non sería bo un peche abrupto de sectores económicos. Preocúpanos que dar ao botón de pausa poida ser dar o botón de apagado de moitas ou dalgunhas empresas e, en definitiva, de moitos ou dalgúns postos de traballo, dixo, facendo fincapé na inquedanza que supón descoñecer o alcance e contido das industrias que van diminuír ou suspender a súa actividade.
Os profesionais do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (SPDCIF) de Galicia desinfectarán un total de 351 centros de saúde e residencias na súa primeira semana de colaboración no marco da situación de emerxencia declarada por mor do coronavirus. En concreto, durante a fin de semana teñen previsto actuar nos exteriores dun total de 92 centros médicos, residencias de maiores e persoas discapacitadas, situados en concellos do rural de menos de 5.000 habitantes. O persoal do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais ten previsto percorrer ata 200 municipios galegos durante esta situación de emerxencia sanitaria.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 2.925, deles 639 son da área da Coruña, 244 da de Lugo, 415 da de Ourense, 324 da de Pontevedra, 681 da área de Vigo, 480 da de Santiago, e 142 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 122 permanecen en UCI, 707 están en unidades de hospitalización e 2.096 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 153 altas de pacientes e 61 falecementos. O número de PCR realizadas é de 14.440.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 2.627, deles 597 son da área da Coruña, 219 da de Lugo, 371 da de Ourense, 290 da de Pontevedra, 633 da área de Vigo, 454 da de Santiago, e 63 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 110 permanecen en UCI, 652 están en unidades de hospitalización e 1.865 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 95 altas de pacientes e 50 falecementos. O número de PCR realizadas é de 12.885.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 2.211, deles 552 son da área da Coruña, 140 da de Lugo, 302 da de Ourense, 260 da de Pontevedra, 509 da área de Vigo, 388 da de Santiago, e 60 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 98 permanecen en UCI, 556 están en unidades de hospitalización e 1.557 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 67 altas de pacientes e 44 falecementos. O último falecemento corresponde a un varón de 90 anos, que estaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que tiña patoloxías previas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.832, deles 438 son da área da Coruña, 128 da de Lugo, 231 da de Ourense, 222 da de Pontevedra, 462 da área de Vigo, 302 da de Santiago, e 49 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 86 permanecen en UCI, 499 están en unidades de hospitalización e 1.247 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 47 altas de pacientes e 36 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a catro varóns: un deles de 63 anos que estaba ingresado en Ourense; ademais doutro home de 74 anos ingresado no Hospital de Montecelo; outro de 87 anos que estaba ingresado en Santiago; e outro home, tamén de 87 anos que estaba ingresado en Ferrol.
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central. No encontro houbo consenso xeneralizado de manter o calendario escolar, co obxectivo de transmitir unha mensaxe de continuidade e normalidade respecto ao ámbito académico. Nesta liña, acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre.
Participará na manifestación que o domingo sae ás 12.00 AM da estación do tren en Santiago. Tamén se sumará ao paro de mulleres de media hora do mércores 8 de marzo.
As cifras de participación son similares aos de anos anteriores, coa novidade de que este ano se inscribiron comparsas máis numerosas, de ata 65 membros. Como é habitual, a súa procedencia vai moito máis alá de Compostela, e participarán no desfile carrozas e comparsas procedentes de lugares como Portonovo, Tomiño ou a localidade asturiana de Tapia.
A directora de Turismo de Galicia destaca a aposta da Administración autonómica por poñer en valor o patrimonio botánico a través da Ruta da Camelia que xa é todo un referente internacional. O Comité da Ruta da Camelia será un paso definitivo para profesionalizar os xardíns.
O grupo de traballo constituído con representantes das facultades de Ciencias da Educación das tres universidades galegas analiza as competencias profesionais docentes en Galicia e reflexiona sobre as que os estudantes de Maxisterio deberían adquirir na carreira e o protocolo das prácticas de grao e máster no ámbito educativo.
A Xunta destaca o papel da Festa da Arribada como referente turístico internacional durante a presentación da edición de 2017 diante do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. Os días 3, 4 e 5 de marzoagárdase a participación de máis de 200.000 persoas, e destácase a celebración da Regata do Descubrimento.
O vicepresidente da Xunta e o conselleiro de Política Social mantiveron un encontro traballo coa Comisionada do Goberno para o reto demográfico, Edelmira Barreira, que calificou as medidas de conciliación en Galicia de "boas prácticas". Xunta e Goberno central coordinarán as actuacións no reto demográfico.
Este festexo, que pon en valor un dos produtos máis auténticos de Galicia, conta coa declaración de festa de interese turístico de Galicia desde 2008. A directora xeral de Turismo, Nava Castro, destaca a importancia das nosas festas e feiras gastronómicas na consolidación de Galicia como destino turístico único.
O físico e divulgador Jorge Mira presentou o certame nunha clase aberta na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago. Os obxectivos do premio consisten en fomentar a divulgación da ciencia e da investigación que se desenvolven nos distintos campus e achegar o xornalismo e a ciencia ao gran público.
Lingua de namorar vai dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos, que se dividen en dúas categorías de idade: de 14 a 19 e de 20 a 35. As mensaxes participantes deben estar escritas en lingua galega e poden redactarse en prosa ou en verso. A súa extensión máxima será de 350 caracteres, con espazos.
Con motivo da celebración do Día Mundial da Radio, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere lembrar o papel esencial que representa a radio como medio de proximidade na nosa contorna. O Día Mundial da Radio celébrase este ano baixo o lema "A radio es ti", co que se reivindica como o medio de comunicación más dinámico e reactivo, funcionando como elemento cohesionador das comunidades.