//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Cultura e Turismo e a Fundación Valle-Inclán presentan o proxecto de documental Romance de Lobos en Terras de Arousa, no 75 aniversario do pasamento do escritor galego porque contar con autores da súa envergadura constitúe unha vía de acceso potentísima para ocupar o noso espazo como sociedade.
Esta visita se enmarca en las actividades culturales del ciclo 2011 bajo el título Coñecer Galicia.
Histrión chega ao Salón Teatro de Compostela coa montaxe de Daniel Veronese titulada Del maravilloso mundo de los animales: los corderos. Un espectáculo de gran forza dramática e un valioso traballo do grupo actoral que narra un axuste de contas cun final inesperado para o público.
O alcalde de Palas de Rei inaugurou a exposición Miradas, do fotógrafo palense Vilar Rodríguez.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística busca aproveitar este escenario internacional sobre a lingua para impulsar a proxección exterior e o recoñecemento internacional do galego. O expositor da Xunta ofrece aos visitantes información sobre os recursos lingüísticos e a aprendizaxe do idioma.
Este proxecto foi seleccionado en 2009 polo Programa Cultura 2007-2013 da Unión Europea. Foi o único galego dos tres elixidos en España e contou coa participación de 25.000 nenos europeos durante o seu desenvolvemento en 2010.
O conselleiro de Cultura asegura que a iniciativa Libro de Pedra sobre a Catedral de Compostela reúne pasado e futuro nun mesmo espazo virtual coas máis modernas ferramentas, unindo as novas tecnoloxías e os símbolos máximos da riqueza patrimonial do noso país.
Igualdade leva a Porto do Son a exposición Elas ensinan, unha homenaxe ás mestras galegas de finais do século XIX e do século XX como responsables da educación de xeracións de mulleres decididas a participar na sociedade galega.
O Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación acolle dende hoxe e ata mañá o III Encontro da Rede Ibérica de Centros de Artesanía. Trátase dun congreso anual impulsado pola Fundación Española para a Innovación da Artesanía (FUNDESARTE).
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presenta esta tarde na Biblioteca Penzol de Vigo a obra Celebración de Uxío Novoneyra, II (1930-1999). Xunto co secretario xeral, está previsto que participen o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, e os coordinadores da obra Luís Alonso Girgado e Luís Cochón.