
Inaugurouse a exposición fotográfica que leva por título "Miradas", do fotografo afececionado, o palense, Luis Alberto Vilar Rodriguez. A inauguración tivo lugar no Centro Comarcal da Ulloa en Palas de Rei e correu a cargo do Alcalde do Concello de Palas de Rei Fernando Pensado.
Miradas recolle 32 instantaneas fotograficas de diferentes paisaxes e momentos do día como atardeceres, tanto de Palas de Rei como doutros puntos da xeografia española.
Estará exposta no Centro Comarcal da Ulloa dende hoxe ata o 2 de marzo para quen a desexe visitar.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.