Archivo (8 del 2025)

Buscador

Noticias

Galicia é unha das primeiras comunidades que aproba o teito de gasto non financeiro para o vindeiro ano, en concreto 14.177 millóns de euros. A planificación das políticas en materia financeira ten permitido que desde o ano 2020 se incrementen case un 40 % os recursos ordinarios da comunidade autónoma, para blindar servizos públicos esenciais como a sanidade, a educación e a dependencia e seguir xerando riqueza en Galicia co apoio ao tecido produtivo da comunidade. Os recursos propios autonómicos medran en 485 millóns, co cal acadarán os 12.276 M€ no ano 2026. Trátase, como non podía ser doutra maneira, dunha cantidade compatible coa regra de gasto, que se preve que creza no vindeiro ano un 3,5 %.
As exportacións do Hipersector TIC galego, integrado polo sector tecnolóxico e o de contidos, creceron nun 13 % nun ano, acadando os 136 millóns de euros fronte aos 120 millóns rexistrados en 2022. Este crecemento débese en boa media ao o forte impulso rexistrado na fabricación de computadoras e equipos periféricos, cun crecemento do 46,4 %, e na fabricación de produtos electrónicos de consumo, cun incremento do 40,1 %. Son datos do informe Galicia Dixital. O Hipersector TIC en Galicia, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA), dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Os Concertos do Xacobeo pisan forte este mes de agosto, con máis de 40 novas propostas musicais para os públicos e os gustos máis diversos. A través do programa Concertos do Xacobeo, a Xunta de Galicia dálle cobertura á celebración das citas musicais máis relevantes e singulares da comunidade. Entre os festivais, ciclos e concertos patrocinados ao longo do mes de agosto, destacan eventos imprescindibles como o Festival de la Luz, Costa Feira, Nachiños Fest, MeirásLand, Orballo Cultural, Río Verbena ou Galicia Fest, ademais de citas populares como as Festas de María Pita, na cidade da Coruña, que se estenderán ata o 31 de agosto con directos tan esperados como os de Baiuca ou Zahara, ou os grandes concertos das Festas de Ferrol, que se celebrarán do 22 ao 31 de agosto, da man de Omar Montes, Vicco, Lérica e Chema Rivas, por citar tan só algúns dos fitos máis relevantes do calendario.
Galicia rexistra o nivel de desemprego máis baixo nun mes de xullo de toda a serie histórica, con 107.858 persoas paradas, e a segunda mellor cifra desde que hai rexistros (1996), tras o fito acadado o pasado mes de xuño (107.254). Ademais, por segundo mes consecutivo, acádase o máximo histórico de afiliacións á Seguridade Social, con 1.113.486 cotizantes. Así o destacou o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, na valoración dos datos relativos ao mes de xullo. O conselleiro tamén puxo de relevo que Galicia é a comunidade na que máis baixou o paro no último ano en termos relativos. Así e con respecto ao mesmo mes de 2024, rexistráronse 10.187 persoas paradas menos, o que supón unha redución do -8,63 %, preto de tres puntos por enriba da media estatal (-5,71 %).
« Anterior | 3  de  3 | Siguiente »

Archivo

2025 (431)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES