
En canto ás afiliacións á Seguridade Social, o titular de Emprego destacou ademais que Galicia conta con 20.112 afiliacións máis en relación a hai un ano. A nivel mensual tamén soben, sumando 10.835 novas afiliacións, o que sitúa a Galicia como a 2ª comunidade con maior incremento en termos absolutos, só por debaixo de Baleares.
A isto engadiu que o bo comportamento do mercado laboral galego é transversal ás catro provincias e ás 7 cidades. De feito, na evolución anual o paro cae nas catro provincias, nas sete grandes cidades e en todos os sectores económicos, liderando a caída a construción (-13,18%), seguido do sector primario (-12,97%), da industria (-10,60%) e, por último, do sector servizos (-7,67%).
Mínimos históricos de desemprego nos colectivos prioritarios
En relación cos colectivos prioritarios, José González puxo de relevo a boa evolución dos datos. Tanto no caso dos menores de 30 anos e no de parados de longa duración, rexístrase a cifra máis baixa de desemprego de toda a serie histórica (maio 2005), rexistrando respectivamente unha caída anual de 1.101 persoas o 8,98% e de 5.967 persoas o 9,77%. Ademais, o desemprego feminino sitúase na cifra máis baixa dun mes de xullo desde que hai rexistros, cunha diminución anual de 5.504 paradas, o 7,90%.
Neste sentido, José González subliñou a relevancia destes datos e o bo comportamento e dinamismo do mercado laboral e recoñeceu a contribución das persoas traballadoras e das empresas a esta evolución. Ademais, destacou que o Goberno galego continúa aplicando as medidas que permitan a consolidación dun mercado laboral dinámico, inclusivo e que xera emprego de calidade.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.