Archivo (4 del 2022)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.488 deles 2.377 son da área da Coruña, 1.603 da de Lugo, 1.425 da de Ourense, 1.261 da de Pontevedra, 2.065 da área de Vigo, 1.651 da de Santiago e 1.088 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 456 en unidades de hospitalización e 11.015 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 541.124 persoas curadas, rexistrándose 3.236 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.800.544. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.622.512.
O mes de marzo na Comunidade galega pechou como un período húmido e normal en temperatura. Está é unha das principais conclusións que recolle o informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, dispoñible na súa páxina web. O terceiro mes do ano tivo dúas partes claramente diferenciadas, cunha primeira metade na que predominaron as situacións invernais, con precipitacións e baixas temperaturas, e unha segunda máis seca, con temperaturas algo superiores ao normal para esta época do ano, aínda que sempre con certa inestabilidade e con poucos días de ceo aberto. Así, en termos xerais, as chuvias foron superiores ás normais e as temperaturas medias non se afastaron demasiado dos valores normais neste mes.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.605 deles 2.359 son da área da Coruña, 1.580 da de Lugo, 1.419 da de Ourense, 1.302 da de Pontevedra, 2.135 da área de Vigo, 1.680 da de Santiago e 1.105 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 465 en unidades de hospitalización e 11.126 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 539.935 persoas curadas, rexistrándose 3.231 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.797.870. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.622.018.
A idea dos gabinetes de curiosidades ou 'habitacións das marabillas', unha serie de espazos nos que, a partir do Renacemento, nobres, reis ou burgueses reunían as súas coleccións, nas que as obras de arte convivían con obxectos de exóticos, constitúe un dos puntos de partida da exposición que protagoniza no CGAC Suso Fandiño. Baixo o título de Wunderkammer, termo alemán que foi o primeiro para o que en español se coñeceu como 'gabinetes de curiosidades', Fandiño reúne un conxunto de obras que propoñen 'unha serie de vías e ligazóns pouco habituais'.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que a Xunta solicitou ao Goberno central que se aplique ao Ingreso Mínimo Vital (IMV) o mesmo modelo de coxestión das Pensións non Contributivas. Hoxe respondeu a unha interpelación sobre esta cuestión no Parlamento de Galicia onde concretou que o Goberno galego xa mantivo unha primeira reunión con técnicos do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones para avanzar na transferencia de competencias. Fabiola García lembrou que Galicia reclamou desde a creación do Ingreso Mínimo Vital a súa xestión para evitar duplicidades e incompatibilidades desta prestación con outras axudas autonómicas e para axilizar a súa tramitación.
O Museo de Belas Artes da Coruña ofrece este domingo o concerto 'Retrato de muller' do guitarrista clásico tudense Samuel Diz. A sesión terá lugar ás 12:00, con entrada libre ata completar a cabida, e poderá seguirse tamén a través da canle de YouTube. Activo intérprete e investigador da música da primeira metade do século XX, o programa previsto por Samuel Diz inclúe sete pezas. A súa participación no ciclo responde a unha das principais ilusións artísticas do autor, achegar a música aos espazos museísticos desde o rigor e a coherencia co legado custodiado e tratando a música como ben patrimonial en si mesma.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.636 deles 2.623 son da área da Coruña, 1.668 da de Lugo, 1.511 da de Ourense, 1.406 da de Pontevedra, 2.320 da área de Vigo, 1.832 da de Santiago e 1.248 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 16 están en UCI, 489 en unidades de hospitalización e 12.131 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 537.894 persoas curadas, rexistrándose 3.228 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.794.913.
A Xunta e a Fundación ”la Caixa” inauguran este xoves 7 de abril no Museo Centro Gaiás a exposición Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño, 1924 – 2020, que explora o intercambio e diálogo entre arte surrealista e deseño contemporáneo ao longo dos últimos 100 anos. A mostra, que abrirá as súas portas ao público ao día seguinte (venres 8 de abril), está organizada pola Fundación "la Caixa" e o Vitra Design Museum, un dos museos máis importantes do mundo no eido do deseño, coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Cidade da Cultura e no marco do Xacobeo 21-22.
Galicia cun descenso de 1.173 persoas é a terceira comunidade autónoma na que máis caeu o paro con respecto a febreiro; e a cuarta en termos relativos cun -0,76% menos de paro. En Galicia baixou o paro e aumentaron as afiliacións e a contratación tanto na evolución anual como mensual, pese ao actual contexto socioeconómico de incerteza xerado pola guerra de Ucraína, a suba enerxética e a folga de transportes. Con respecto ao inicio da pandemia (febreiro de 2020), Galicia (-7,76%) continúa cunha baixada do paro maior que a rexistrada no Estado (-4,23%) con 3,23 puntos de vantaxe. Na evolución anual, cunha caída do -15,15%, o paro volve a baixar en marzo tras as subidas experimentadas en 2020 e 2021 polo efecto da covid-19.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 13.878 deles 2.897 son da área da Coruña, 1.728 da de Lugo, 1.622 da de Ourense, 1.570 da de Pontevedra, 2.558 da área de Vigo, 2.078 da de Santiago e 1.385 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 513 en unidades de hospitalización e 13.348 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 535.736 persoas curadas, rexistrándose 3.216 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.793.039. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.621.226.
« Anterior | 5  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (186)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES