Archivo (11 del 2021)

Buscador

Noticias

Ponse en marcha o novo ciclo 'Música en salas', que ofrecerá durante dous meses 135 concertos de 115 artistas e bandas galegas en 19 locais das catro provincias. Esta iniciativa xurde da Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo Clubtura para impulsar a recuperación da actividade musical en directo neste tipo de espazos, ademais de contar coa complicidade de Músicas ao Vivo como entidade que representa os intereses dos intérpretes. Os obxectivos e a programación de Música en salas foron detallados en Vigo no transcurso da presentación que tivo lugar en La Fábrica de Chocolate Club, e que contou cunha breve interpretación musical de Los EP.
O Servizo Galego de Saúde vén de situar a Galicia como unha das oito comunidades autónomas que notificaron ao Rexistro Estatal de Enfermidades Raras casos pertencentes a algunha das 22 patoloxías priorizadas polo Ministerio de Sanidade. O traballo dos profesionais sanitarios galegos e a utilización das novas ferramentas tecnolóxicas, permitiron ao Sergas aportar casos de todas as enfermidades obxecto de rexistro neste primeiro informe nacional. Entre os anos 2010 e 2018, que abrangue o informe, a comunidade galega notificou 1.299 casos pertencentes a estas enfermidades.
A Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo colaboran un ano máis na organización de AuGAL, Master Class do Audiovisual Galego, que celebra a partir do 15 de novembro a súa 11ª edición e recupera o formato orixinal de encontros con recoñecidos profesionais do sector arredor da proxección das súas obras. O programa, para o que acaba de abrirse o prazo de matrícula, desenvolverase arredor de seis sesións que terán lugar ata mediados de decembro na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. As actividades para o curso lectivo 2021-2022 foron presentadas este mediodía na Casa das Campás da capital do Lérez.
A Cidade da Cultura de Galicia organiza o novo ciclo Matinais Musicais que arrinca esta fin de semana para achegar o jazz, a música a capella e a música barroca a todos os públicos. O programa inclúe nesta edición tres concertos programados para as mañás dos domingos de novembro e decembro, coa colaboración da Orquestra Sinfónica de Galicia e o grupo Gallaecia, Ensemble Barroco. O Quinteto de Metais da Orquestra Sinfónica abre as Matinais Musicais este domingo 14 de novembro ás 12,00 horas no Museo Centro Gaiás, cun repertorio no que a trompeta será a guía coa que descubrir o Jazz e a música dos Estados Unidos de América.
A Xunta de Galicia e os reitores do Sistema Universitario Galego (SUG) presentaron as principais liñas do Plan de Financiamento Universitario de Galicia 2022-2026, un documento consensuado entre as partes que mobilizará máis de 3.200M€ no vindeiro quinquenio. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e os reitores da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; de Vigo, Manuel Reigosa, e da Coruña, Julio Abalde, explicaron que os fondos supoñen un 31% máis ca os inicialmente previstos para o plan no período 2016-2020 (2.447M€).
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 745 deles 195 son da área da Coruña, 56 da de Lugo, 184 da de Ourense, 69 da de Pontevedra, 101 da área de Vigo, 66 da de Santiago e 74 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 9 están en UCI, 30 en unidades de hospitalización e 706 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.331 persoas curadas, rexistrándose 2.653 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.913.631. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.526.010.
A produción do Centro Dramático Galego 'O charco de Ulises', dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, arranca este venres día 5 en Tui unha xira que levará a peza a 20 concellos de Galicia e o norte de Portugal. Así o anunciou o director do CDG, Fran Núñez, na rolda de prensa realizada na localidade tudense para presentar a función programada para este venres. O percorrido da montaxe polas catro provincias galegas e o país luso prolongarase ata o 12 decembro. Trátase da xira máis ampla organizada polo CDG nos últimos anos, tanto polo número de funcións como pola diversidade de espazos.
O paro baixou no último ano en Galicia (outubro 2020-outubro 2021) en 27.262 persoas (-15,04%), o que supón sete meses consecutivos de caída do desemprego na evolución anual, e as afiliacións creceron desde outubro de 2020 nun 2,04%, uns indicadores que marcan, en palabras da directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, a recuperación do mercado de traballo. Galicia conta con menos paro que ao inicio da crise económica de 2008, xa que en outubro de 2008 había 168.423 desempregados fronte aos 154.045 parados de outubro. Ademais, o descenso producido é o maior de toda a serie histórica (1996) en termos relativos e absolutos e supera en 0,17 puntos a baixada experimentada no Estado (-14,87%).
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 581 deles 152 son da área da Coruña, 50 da de Lugo, 138 da de Ourense, 55 da de Pontevedra, 81 da área de Vigo, 55 da de Santiago e 50 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 6 están en UCI, 28 en unidades de hospitalización e 547 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.199 persoas curadas, rexistrándose 2.653 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.904.554. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.501.211.
Bernardino Graña, Antón Pulido, Nova Galega de Danza, Natalia Lamas, Zaza Ceballos, o programa da CRTVG Dígocho Eu, o Mosteiro de San Pedro de Rocas e a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina son os galardoados nos Premios da Cultura Galega 2021. Os premiados foron distinguidos nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior, respectivamente, por un xurado que estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez.
« Anterior | 5  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (269)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES