Noticias

As 'Matinais Musicais' no Gaiás arrican esta semana cos metais da Orquestra Sinfónica de Galicia homenaxeando á trompeta e ao jazz

A Cidade da Cultura de Galicia organiza o novo ciclo Matinais Musicais que arrinca esta fin de semana para achegar o jazz, a música a capella e a música barroca a todos os públicos. O programa inclúe nesta edición tres concertos programados para as mañás dos domingos de novembro e decembro, coa colaboración da Orquestra Sinfónica de Galicia e o grupo Gallaecia, Ensemble Barroco. O Quinteto de Metais da Orquestra Sinfónica abre as Matinais Musicais este domingo 14 de novembro ás 12,00 horas no Museo Centro Gaiás, cun repertorio no que a trompeta será a guía coa que descubrir o Jazz e a música dos Estados Unidos de América.

Ademais, o público poderá escoitar por primeira vez dúas novas pezas dos compositores galegos Roberto Somoza e Nani García, referentes deste estilo musical en Galicia.

As entradas para os tres concertos das Matinais Musicais da Cidade da Cultura pódense adquirir xa a través de Ataquilla.com.

A pegada das mulleres na música barroca

O ciclo continúa o 21 de novembro no Edificio CINC cunha actuación especialmente creada para estas Matinais Musicais de outono a partir da colaboración entre o grupo Gallaecia, Ensemble Barroco, o artista urbano Yoseba Murazábal, a poeta María Lado e a creadora visual Laura Iturralde, baixo da dirección artística de María José Pámpano.

Oh, rosas vivas! é o título deste concerto único no que se conxugarán a música, a pala-bra e a imaxe para redescubrir e reivindicar, desde unha ollada contemporánea, a com-positoras dos séculos XVII e XVIII como Francesca Caccini, Isabella Leonarda, Maria Bianca Meda, Bárbara Strozzi, Antonia Bembo e Élisabeth Jacquet de La Guerre.

O Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia pechará esta novo ciclo das Matinais Musicais da Cidade da Cultura na mañá do domingo 12 de decembro. Nesta ocasión, as voces do coro encherán o Museo Centro Gaiás como protagonistas absolutas dun programa escollido de música a capella que abrangue os principais estilos dende o barroco á música contemporánea.

R., 2021-11-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES