Archivo (10 del 2021)

Buscador

Noticias

A música electrónica de Allova e o trad de Xisco Feijoó representarán a Galicia no cartel de BIME City, o programa de concertos co que o encontro profesional Bizcaia International Musical Experience se estende a diferentes salas de Bilbao os días 27 e 28 de outubro. Como en anos anteriores, o acordo establecido coa Xunta garante a presenza galega nesta iniciativa, que lle dá voz ao talento emerxente coincidindo coas primeiras xornadas da novena edición de BIME PRO, unha das grandes citas anuais da industria musical. Ambos os artistas foron seleccionados polo equipo do encontro bilbaíno a partir dunha convocatoria pública aberta a todos os intérpretes ou grupos interesados e que inclúe, así mesmo, o acceso a unha bolsa de viaxe e aloxamento coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Tres candidaturas galegas avaladas por Artesanía de Galicia optan como finalistas aos XIV Premios Nacionais de Artesanía, convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Trátase dos obradoiros Rígido (A Coruña) e Variopinto (Santiago de Compostela), ambos aspirantes ao Premio Emprendemento, e o de xoiería Noroeste Obradoiro (Santiago de Compostela), que compite na categoría de Premio Produto. Estes galardóns nacionais están convocados a través da Escuela de Organización Industrial (EOI) e da súa cátedra de promoción da artesanía Fundesarte, a organización de referencia na promoción e no desenvolvemento das empresas artesás españolas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 502 deles 157 son da área da Coruña, 73 da de Lugo, 77 da de Ourense, 30 da de Pontevedra, 98 da área de Vigo, 61 da de Santiago e 6 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 37 en unidades de hospitalización e 455 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.459 persoas curadas, rexistrándose 2.641 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.858.979. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.403.001.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 589 deles 161 son da área da Coruña, 92 da de Lugo, 111 da de Ourense, 44 da de Pontevedra, 110 da área de Vigo, 63 da de Santiago e 8 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 32 en unidades de hospitalización e 547 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.307 persoas curadas, rexistrándose 2.640 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.854.310. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.399.863.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 679 deles 171 son da área da Coruña, 111 da de Lugo, 118 da de Ourense, 56 da de Pontevedra, 130 da área de Vigo, 79 da de Santiago e 14 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 31 en unidades de hospitalización e 636 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.152 persoas curadas, rexistrándose 2.639 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.849.841. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.397.066.
A primeira xuntanza da mesa industrial de Vestas para buscar solucións que garantan a continuidade do emprego na factoría de Viveiro celebrouse en Santiago de Compostela coa asistencia por parte da Xunta do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e da conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, que estiveron acompañados polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. Asistiron tamén á reunión, convocada pola Xunta de Galicia, representantes do Goberno central, da empresa, do comité de empresa e dos sindicatos.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou esta mañá da decisión do comité clínico de ampliar, en liñas xerais, os aforos do 75 ao 90% no locais de diferentes eidos sociais, agás no caso do lecer nocturno. O anuncio prodúcese logo de que comunidade galega se situase, xunto con Asturias, nunha das comunidades autónomas cuxa incidencia acumulada xa se empraza nunha situación de risco epidemiolóxico controlado, ou tamén denominada fase de nova normalidade. Así, Galicia rexistra unha incidencia acumulada a 7 días de 8,6 casos por cada 100.000 habitantes, e de 22,9 casos, no seu cómputo a 14 días.
A Xunta de Galicia estivo presente en Sevilla na primeira edición da Convención de Turespaña, un foro de encontro e reflexión de tres xornadas dirixido aos destinos turísticos españois co obxectivo de afondar na cogobernanza e onde a sustentabilidade e a dixitalización están sendo as protagonistas. O Goberno galego compartiu neste foro co resto das comunidades autónomas as boas prácticas que están a permitir a rápida recuperación do turismo no noso territorio. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a responsable de afondar no traballo da Xunta para facer de Galicia un destino máis sustentable, na liña do modelo turístico da comunidade, baseado nun turismo de tranquilo e de calidade, así como nas accións de promoción que se puxeron en marcha.
Galicia sitúase no camiño da reactivación económica, xa que o número de afiliacións á Seguridade Social é maior e a cifra de parados no mes de setembro é inferior ao rexistrado ao comezo da pandemia. Así, a comunidade galega conta con 1.034.229 cotizacións e 153.054 parados fronte ás 1.002.624 afiliacións e 174.481 desempregados de marzo de 2020. Ademais, Galicia acumula seis meses consecutivos de baixada de paro na evolución anual, o que, en palabras da directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, demostra a recuperación do mercado de traballo, un feito ao que se une a saída de traballadores dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 741 deles 179 son da área da Coruña, 119 da de Lugo, 126 da de Ourense, 65 da de Pontevedra, 143 da área de Vigo, 88 da de Santiago e 21 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 13 están en UCI, 43 en unidades de hospitalización e 685 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.035 persoas curadas, rexistrándose 2.639 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.844.937. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.392.539.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2025 (275)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES