
Con eles búscase recoñecer a aquelas empresas artesás que, conservando a súa esencia de oficio tradicional, destacan pola creatividade, responsabilidade social e medioambiental, adaptación ao mercado e capacidade de innovación. Ao mesmo tempo, prémiase ás institucións e empresas que teñan contribuído de xeito significativo a impulsar o traballo artesán.
En total, a XIV edición dos Premios Nacionais de Artesanía recibiu 116 candidaturas procedentes de toda España e de multitude de sectores, das cales foron seleccionados 15 proxectos finalistas, tres por cada unha das cinco categorías dos galardóns.
Finalistas galegos
O obradoiro de xoiería compostelán Noroeste Obradoiro que xa fora gañador do Premio Artesanía de Galicia 2016 opta ao Premio Produto por Línea, unha colección de xoias que reflicten a súa filosofía de traballo xa que as pezas están inspiradas no concepto da liña, deixando sempre presente o valor da simplicidade xeométrica e unha textura delicada sobre o metal, ouro ou prata, que o converte en pel. A colección baséase nun conxunto de colares, pulseiras e pendentes en ouro, prata e mixtos, ocasionalmente con mínimos engadidos de pequenas pedras de cor ou diamantes en engastes sinxelos.
Na categoría Premio ao Emprendemento compiten as outras dúas candidaturas galegas. Por unha banda, o obradoiro Variopinto (Santiago de Compostela), que xa resultara gañador da Bolsa Eloy Gesto 2019 nos Premios Artesanía de Galicia e co segundo premio Versiona Thyssen 2020. A firma, con Minia Banet á fronte, é un estudio creativo que mestura a fotografía co bordado contemporáneo dando lugar a singulares pezas de decoración e accesorios que comercializa en tendas físicas e online de España, Francia e Alemaña. Foi creado en 2017 co obxectivo de aprender, conservar e modernizar unha técnica milenaria como é o bordado tradicional.
A outra empresa galega finalista nesta categoría é o obradoiro coruñés Rígido, especializado en xoiería. O proxecto veu a luz en 2020 da man de Carla Barral e Javier González coa intención de comunicar que a artesanía pode ser deseño, que pode ser moda e, sobre todo, que a artesanía e a produción local son un camiño necesario nos hábitos de consumo do século XXI.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.