Archivo (4 del 2019)

Buscador

Noticias

O Festival Play- Doc ofrece este xoves 4 de abril unha completa programación tras a súa xornada inaugural na que os asistentes poderán gozar da película A Story from Africa, do mítico realizador afroamericano, Billy Woodberry. Tras a inauguración, tamén terá lugar a primeira sesión da retrospectiva dedicada ao cineasta filipino Kidlat Tahimik coa súa película, Quén inventou o Yoyó? Quén inventou o vehículo lunar?, tras a proxección o público poderá ter o primeiro encontro co singular cineasta filipino. Nesta 15º edición, que se celebra en Tui ata o vindeiro domingo 7 de abril, o Festival Play-Doc estrea unha nova sección North by Northwest para celebrar a expansión a Asturias.
A Cidade da Cultura pon en marcha a partir do 13 de abril un novo servizo de visitas comentadas, Gaiás segredo, que amosará a súa arquitectura e as súas zonas naturais dun xeito máis exhaustivo, á vez que terá un compoñente máis exclusivo, ao incorporar lugares habitualmente restrinxidos ao público como son a galería subterránea que comunica o complexo, as sobrecubertas dos edificios e os sofisticados depósitos bibliográficos. As visitas comentadas Gaiás segredo estarán activas todos os sábados do ano ás 11,30 horas e ampliaranse aos xoves e aos venres en Semana Santa e nos meses de xullo e agosto.
A Xunta de Galicia contará en 2019 con case 16 millóns de euros dentro do marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Trátanse de 7,9 millóns de euros correspondentes ao exercicio 2019, máis os fondos transferidos en 2018, que acadan 8 millóns de euros. Galicia é a única Comunidade que prevé axudas económicas directas ás vítimas, axudas que supuxeron dende o ano 2009 máis de 27 millóns de euros e 4.000 beneficiarias. Galicia conta ademais cunha Rede de Información ás Mulleres, Centros de acollida, emerxencia e recuperación integral así como asistencia psicolóxica integral para todas as mulleres vítimas e para as súas fillas e fillos.
Un grupo de alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia veñen de impoñerse como vencedores da competición Talent Match dentro do programa Smart People, a competición interuniversitaria que premia cada ano as mellores ideas estudantís para afrontar os retos do sector turístico no que participaron máis de 300 estudantes de 16 centros universitarios. O equipo integrado por Carlos Amado, Carlos Ventoso, Juan Pérez e Pedro Prieto, alumnos de último curso de Diploma Superior en Xestión Hoteleira do CSHG venceu co seu proxecto 4 Rooms, unha innovadora idea que permite adaptar as instalacións dun hotel en función da demanda de aloxamento que se rexistra en cada momento.
A Cidade da Cultura e a asociación Autismo BATA queren promover a integración social das persoas con trastorno do espectro autista (TEA) coa exposición 30 anos imaxinando futuros, que desde hoxe ata o 17 de abril pode visitarse na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia. A mostra, que abriu as súas portas esta mañá coincidindo coa celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, recolle unha escolma de máis de 35 obras entre lenzos, debuxos e pezas de cerámica, todas elas elaboradas por persoas con TEA. 30 anos imaxinando futuros procura promocionar experiencias culturais positivas que permitan desenvolver a curiosidade e o sentido estético e crítico.
Galicia é a terceira comunidade na que máis baixou o paro en marzo con respecto a hai un ano superando, ademais, a media de caída de desemprego rexistrada no Estado, con case tres puntos de diferencia. Así, a Comunidade galega rexistrou no mes de marzo unha baixada do paro do -7,70% fronte ao -4,89% de España. En Galicia, polo tanto, hai 14.262 desempregados menos que hai un ano, polo que o número de parados sitúa á Comunidade en niveis moi inferiores aos de hai unha década. O paro, polo tanto, continúa caendo, case 5 anos e medio de xeito consecutivo. O desemprego tamén descende na evolución mensual, nun 1,65% (-2.868 persoas).
« Anterior | 6  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (267)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES