Archivo (10 del 2019)

Buscador

Noticias

O obxectivo deste bacharelato é promover a vocación do alumnado cara á investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria, e tendo en conta a perspectiva de xénero. Ademais, favorécese unha mentalidade científica, rigorosa, ordenada e crítica; así como o desenvolvemento da creatividade, do sentido da iniciativa ou do emprendemento e da resolución de problemas. O alumnado que curse este bacharelato no segundo ano deberá desenvolver un proxecto de investigación individual ou colectivo con posterior defensa pública.
A Comisión Europea ten trasladado á Xunta que Galicia poderá optar aos fondos de transición xusta que se establecerán por parte da Comisión a partir do ano 2021. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse, entre outros, coa directora de Mercados Europeos e Internacionais do Carbono, que forma parte da Dirección xeral de Acción polo Clima, Beatriz Yordi, e con Carlos Esteva Mosso, director xeral adxunto de Axudas de Estado da Dirección xeral da Competencia, e apuntou que a Comisión Europea comparte a visión da Xunta dunha transición enerxética xusta e que quedou constatado que Galicia vai na boa dirección.
O vindeiro venres 11 todas as persoas que de decidan achegarse ao Auditorio Municipal do Concello de Vigo poderán ver en persoa á grandísima María Casares, grazas á maxia do teatro. ButacaZero e a Deputación da Coruña embárcanse neste grande reto coa peza 'Despois das ondas', baixo a dirección de Xavier Castiñeira, quen consegue sacar de Belén Constenla unha das súas mellores interpretacións encarnando a unha das personaxes galegas máis internacionais: a grande diva do teatro e o cinema francés do século XX María Casares. Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia.
Acábase de crear a Rede de Comercios e Mercados no Camiño, unha iniciativa que permitirá potenciar as vendas do comercio de proximidade nos 138 concellos polos que transcorren as diferentes rutas de peregrinación ao tempo que servirá para mellorar os servizos que estes establecementos prestan aos peregrinos. Poden sumarse a esta Rede de xeito gratuíto tanto os establecementos comerciais como as asociacións de vendedores de prazas de abastos. Ademais, as agrupacións de comerciantes locais poderán solicitar a adhesión en nome dos seus asociados. Os establecementos que se adhiran á rede recibirán un pack de benvida con distintos elementos promocionais para os seus clientes e un distintivo identificativo para o local.
As empresas do sector pesqueiro e transformador galego exportan arredor de 5.500 toneladas anuais de produtos a Estados Unidos por importe duns 40 millóns de euros e trátase dun mercado no que o sector estaba a medrar, polo que se solicitan medidas para mitigar a posible incidencia dunha decisión que suporía aranceis do 25% para produtos como as conservas de polbo ou de mexillón. Outro asunto que preocupa a Galicia é a incerteza ante o brexit, e así trasládase a necesidade de que haxa unha coordinación forte entre o Goberno e as comunidades sobre todo o que ten que ver coa pesca, un dos sectores máis afectados polo divorcio entre o Reino Unido e a UE previsto para o 31 de outubro.
Os centros públicos de infantil e primaria de nova incorporación recibirán os materiais necesarios para a construción dun mínimo de catro Escornabots, así como outros materiais precisos para a posta en marcha da iniciativa. Os Escornabots son pequenos robots construídos sobre Arduino, a plataforma de robótica máis estendida a nivel educativo e profesional, cunha ampla comunidade de persoas usuarias e desenvolvedoras, o que facilita o acceso a unha importante base de documentación para os proxectos que se realicen nas bibliotecas.
O informe “Dinamismo do sector hoteleiro en Galicia 2009-2019”, publicado recentemente, reflicte que o número establecementos hoteleiros rexistrados na actualidade supera os 900, o que supón un incremento do 8% respecto dos 839 que había no ano 2009. En xeral, os números desprenden un balance moi positivo para o sector: O número de turistas aloxados pasou de 3,4 a case 4,2 (+23 %), e a cifra total de pernoitas case chegou aos 8,5 millóns (+13,7%). Destas, un 69% teñen lugar en hoteis. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) e o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT), as prazas hoteleiras en Galicia incrementáronse en 2.800, desde o ano 2009, chegando así a preto das 55.000.
As empresas e startups do sector aeronáutico de toda España que teñan unha idea innovadora para o uso de vehículos non tripulados (aéreos e mariños) poden presentarse a este programa, que conta cun importante apoio de entidades públicas e empresas multinacionais de referencia como Indra e Babcock. Así, BFAero ofrece aos seus proxectos acelerados un completo plan para o desenvolvemento e lanzamento do seu produto ou servizo no mercado local, nacional e internacional, cunha duración de 24 meses para a etapa de incubación e de 12 meses para a de aceleración.
“Agresión OFF, Eu digo non á violencia Sexual” é unha campaña creada pola Xunta de Galicia, que ten o obxectivo de loitar contra a violencia sexual e o acoso cara as mulleres, e sensibilizar á poboación sobre esta problemática. Deseñada especialmente para funcionar nos festivais musicais da nosa comunidade, pretende conseguir que as mulleres se sintan seguras neste tipo de eventos, e tamén aproveitar a presenza masiva de público para concienciar sobre a lacra da violencia sexual. De feito, durante o ano 2018 chegou a 4.000 persoas, isto é, unha media de 700 persoas por evento.
O tempo medio de espera cirúrxica global no sistema sanitario público galego no primeiro semestre deste ano 2019 foi de 56,4 días, 3,4 días menos que no mesmo período do ano anterior (que foi de 59,8 días). Esta é a mellor cifra dende que existe rexistro de lista de espera e consolidou a tendencia do ano 2018, na que Galicia situouse por primeira vez por debaixo dos 60 días. Nos últimos cincos anos, a redución do tempo medio de espera foi de case 30 días. No primeiro semestre deste ano, o tempo medio de demora para as primeiras consultas de enfermidade situouse en 37,6 días, e para as probas diagnósticas en 59,1 días.
« Anterior | 5  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES