Archivo (2 del 2022)

Buscador

Noticias

O 21 de novembro de 2013 o foguete DNPER era lanzado desde o cosmódromo ruso de Yansy ao espazo, co satélite Humsat-D no seu interior. Desenvolvido ao abeiro do programa Basic Space Tecnology Initiative (BSTI) da Oficina de Espazo da ONU e co apoio da Oficina de educación da Axencia Espacial Europea (ESA) e do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), Humsat-D foi deseñado, construído e operado na UVigo.
O Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) que abrangue dende 1975 ata a actualidade, ten como obxectivo fornecer datos para o estudo da lingua galega actual dende múltiples perspectivas: léxica, morfolóxica, sintáctica, fraseolóxica, terminolóxica ou comunicativa, entre outras. A versión 4.0 presentada este xoves, consta de 43.162.364 palabras ortográficas (51.451.088 elementos gramaticais).
Asomarse ao mundo persoal de Ramón María del Valle-Inclán a través de boa parte do patrimonio artístico que albergaba no seu domicilio, situado no número 5 da madrileña rúa Francisco de Rojas, é o que persegue a mostra ‘Valle-Inclán íntimo’, inaugurada este xoves 9 no Colexio de Fonseca e que se nutre da colección particular dos irmáns Valle-Inclán Alsina, Fernando, Miguel e Javier.
O grupo de innovación docente do Campus de Lugo da USC XuvenCiencia aposta por normalizar o galego como lingua de divulgación científica nas aulas de alumnado preuniversitario a través da adaptación do proxecto ‘Ciencia-me un cuento’, unha iniciativa promovida pola Sociedade de Científicos Españoles do Reino Unido co apoio da Fundación Lilly, que está estruturada en diversos relatos de temática científica.
O programa Residencia Paraíso para o impulso da investigación e a creación no ámbito da danza contemporánea a as artes vivas acaba de abrir a convocatoria da súa sexta edición. Comeza así o proceso de selección dun máximo de oito proxectos para desenvolver outras tantas estadías artísticas, así como o encontro anual que terá lugar do 23 ao 25 de setembro na Illa de San Simón.
A central de reservas do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia xa está operativa para tramitar de forma telemática e gratuíta as autorizacións de acceso necesarias para visitar este espazo natural durante a vindeira Semana Santa, un dos períodos, xunto co verán, nos que está autorizado o transporte regular a Cíes e de Ons.
O Foro de Rexións Costeiras (enmarcado no cumio One Ocean, que se celebra en Brest entre o mércores e venres baixo o patrocinio da Presidencia francesa da Unión Europea) será inaugurado polo presidente da rexión de Bretaña, Loïg Chenais-Girard, e contará cunha primeira parte centrada na mellora das políticas marítimas da Unión Europea avaliando a gobernanza multinivel e o enfoque das concas marítimas.
O Directorio de Expertas UDCientíficas ten como obxectivos, por un lado, dar a coñecer o talento investigador da Universidade da Coruña e, polo outro, fomentar a presenza das mulleres nos medios de comunicación como fontes expertas. Nos medios españois as mulleres apenas supoñen tres de cada dez fontes expertas e só o 13% das fontes académicas.
O neurobiólogo e profesor emérito da Universidade Autónoma de Barcelona, Ramón María Nogués, será o encargado de pronunciar o relatorio inaugural do ciclo de conferencias que abordarán o vínculo entre ciencia, cultura e relixión, iniciativa en cuxo impulso toma parte, entre outros, o profesor emérito da USC e ex reitor, Carlos Pajares.
Desde as obras galardoadas nos seus inicios, hai preto de dúas décadas, ata a peza recentemente recoñecida na súa 18 edición, a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle un percorrido pola historia dos Premios de Creación Artística da Universidade de Vigo, na súa modalidade de pintura. A exposición 'A complexidade do rectángulo', que poderá visitarse ata o 4 de abril, constitúe a primeira mostra retrospectiva sobre a traxectoria destes premios de pintura.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (134)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES