Archivo (10 del 2021)

Buscador

Noticias

O informe 'Impacto da dixitalización e da automatización nos sectores económicos de Galicia' pon o foco en que preto do 40% dos empregos da Comunidade Autónoma atópanse nunha zona de risco de automatización entre elevada e moderada. 'A automatización-dixitalización pode axudar a mellorar a produtividade das empresas e das Administracións, e lograr un mundo máis sustentable, eliminando traballos penosos e perigosos e creando novos traballos máis cualificados'.
20 institucións e organismos, entre os que se atopa a UVigo, toman parte en Resonate (Resilient forest value chains – enhancing resilience through natural and socio-economic responses), un proxecto que ten como obxectivo definir unha serie de estratexias de resposta que permitan mellorar a resistencia e capacidade de adaptación dos bosques europeos ante os efectos do cambio climático.
'É a tecnoloxía máis transformadora xamais desenvolvida pola humanidade, cun impacto sen precedentes en todo o relacionado co social, económico, laboral e de privacidade'. Así define o director científico do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), Senén Barro, a Intelixencia Artificial (IA). Co obxectivo de afondar na IA e no seu marco normativo, o CiTIUS acollerá do 5 ao 8 de outubro unha serie de encontros con expertos que se sumarán á 'Semana Europea pola regulación da IA'.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (147)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES