Archivo (5 del 2018)

Buscador

Noticias

Medio milleiro de escolares dos centros educativos da cidade participaron no concurso “Apúntate unha idea, desmonta o alcohol”, organizado pola Concellería de Sanidade do Concello de Ourense. Esta mañá no salón de plenos tivo lugar a entrega dos premios, por parte do alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira, Sofía Godoy.
A terceira edición de Xornalismo na Escola "la Caixa" rematou coa escritora e xornalista Elena Gallego como convidada especial no obradoiro realizado no IES Ferro Couselo de Ourense. A iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e da Obra Social "la Caixa" chegou nos últimos meses a uns 2800 alumnos de 45 centros de ensino secundario de 33 concellos galegos.
BFlecha, Carla Green & The Demons, The Lákazans, Wondermind, Bea a de Estrella, Glitchgirl e The Big Lis Gumbo Band súmanse ao cartel desta 32º edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, que se celebrará na Coruña do 7 ao 12 de agosto de 2018. Con elas, as prazas, rúas e museos da cidade inundaranse dos sons máis arriscados e eclécticos con acento galego.
Alumnos de infantil y 1º y 2º de Galicia participan en una campaña nacional para fomentar el reciclaje. Bajo el lema “Yo Hago Mi Papel”, la editorial Santillana ha puesto en marcha un proyecto para desarrollar una conciencia ambiental en los más pequeños. Así, 20.000 aulas y más de 300.000 alumnos y alumnas de 3 a 7 años aprenden la regla de las tres R (Reciclar, Reutilizar y Reducir).
Pilar García Porto presentou as actividades promovidas pola Deputación de Lugo para homenaxear a María Victoria Moreno, á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. As iniciativas presentadas inclúen un taller de serigrafía, un concerto da Tradaescola coa Escola de Betanzos, ademais da continuación dos traballos didácticos nos que participan 7.000 escolares da provincia.
Baseado no libro homónimo de Manuel Rivas, A lingua das bolboretas conta a historia de Moncho, un rapaz ilusionado por comezar a escola nunha aldea de Galicia. Fica marabillado co seu mestre (Fernando Fernán Gómez, nunha das interpretacións máis aplaudidas nos últimos anos da súa carreira), co que establece unha estreita relación, co pano de fondo do estalido da Guerra Civil.
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, visitaron aos alumnos de 3ºC do IES Lucus Augusti de Lugo, para coñecer os traballos que están realizando co material didáctico doado pola Deputación na Semana Escolar das Letras Galegas, que este ano homenaxea a María Victoria Moreno.
Ao mediodía do venres, 11 de maio, rematou a recollida de adhesións á petición da Medalla Castelao para o crego e musicólogo Xesús Mato Mato.O total de adhesións recibidas ata ese momento foi de 2.538, das que 239 corresponden a Institucións, Asociacións ou empresas, ás que hai que sumar –cifra no momento de facilitar esta información- 705 firmas na web change.org.
Cayetano Rodríguez, concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, Juan de Castro, director do Festival Primavera do Cine e Carla Amado, directora do Instituto Camões foron os encargados de facer a inauguración oficial da sétima edición do certame, que se extenderá ata o vindeiro 13 de maio.
A Facultade de Matemáticas presentou os resultados da Enquisa de Satisfacción e Inserción Profesional do Alumnado Egresado do centro. Neste informe recolle a valoración que realiza o alumnado graduado nos últimos anos sobre a formación recibida. En relación aos graduados, o 41% adoita atopar o primeiro emprego relacionado coa titulación nun máximo dun mes.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (152)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES