A terceira edición de Xornalismo na Escola "la Caixa", un programa didáctico que dá a coñecer os medios de comunicación aos mozos galegos por iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social 'la Caixa', rematou este luns 14 logo de catro meses intensos de percorrido por toda Galicia. No seu último dÃa, os obradoiros de comunicación chegaron ao CPI A Picota de Mazaricos, o IES Auga da Laxe de Gondomar e o IES Ferro Couselo de Ourense. Na cidade das Burgas, o taller de Xornalismo na Escola "la Caixa" contou para por o remate ao ano cunha convidada de luxo, a escritora e xornalista Elena Gallego Abad, autora da exitosa serie Dragal.
Uns 2.800 alumnos de centros escolares das catro provincias participaron nesta nova edición do proxecto pedagóxico sobre comunicación. Dende o inicio o pasado dÃa 15 de febreiro no CPI de Bembibre, no Val do Dubra, esta terceira edición do programa Xornalismo na Escola "la Cauxa" pasou por un total de 45 centros escolares das catro provincias galegas. Os nove xornalistas participantes na iniciativa –Rosa MarÃa Bueno Crego, Xosé Lois Carrión González, Pablo DÃaz Bouza, Maica GarcÃa RodrÃguez, Emilio Gómez Ãlvarez, Mónica González Alonso, Olalla Liñares GarcÃa, Sara MartÃnez Fernandez e Paula Méndez Casais– impartiron 90 obradoiros e percorreron en total 33 concellos.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social “La Caixa” desenvolveron por terceira ano consecutivo este programa de obradoiros co obxectivo de familiarizar os escolares galegos co funcionamento dos medios de comunicación e para que os alumnos saiban a importancia da información nunha sociedade democrática, que coñezan o papel dos profesionais do xornalismo e que valoren a importancia de contrastar as informacións. Con este programa didáctico tamén se pretende fomentar na xente nova o espÃrito crÃtico e contribuÃr a que sexan conscientes dos riscos e oportunidades que lles ofrecen as novas tecnoloxÃas da información e a comunicación.
Os centros escolares participantes na terceira edición de Xornalismo na Escola foron os seguintes: IES Milladoiro, de Ames; CPI de San Vicente, da Baña; IES Agra de RaÃces, de Cee; CPI Alcalde Xosé Pichel, de Coristanco; IES Monelos, da Coruña; IES de Curtis, de Curtis; IES Augas da Laxe e IES Terra de Turonio, de Gondomar; IES As Bizocas, do Grove; IES Lucus Augusti, IES Muralla Romana e IES Sanxillao, de Lugo; IES San Mamede, de Maceda; IES Urbano LugrÃs, de Malpica de Bergantiños; IES Illa de Tambo, de MarÃn; CPI A Picota, de Mazaricos; IES Pedregal de Irimia, de Meira; IES San Rosendo, de Mondoñedo; IES Daviña Rey, de Monforte de Lemos; IES Fernando EsquÃo, de Neda; IES Xulián Magariños, de Negreira; IES de Poio, de Poio; IES de Barral, de Ponteareas; IES Luis Seoane e IES A Xunqueira II, de Pontevedra; IES de Porto do Son, de Porto do Son; IES Eduardo Blanco Amor, IES Ferro Couselo e IES Universidade Laboral, de Ourense; IES de Quiroga, de Quiroga; IES nº 1, de Ribeira; IES Isaac DÃaz Pardo e IES Mosteirón, de Sada; IES Antonio Fraguas e IES da Pontepedriña, de Santiago de Compostela; CPI Manuel Padin Truiteiro, de Soutomaior; CPI Viaño Pequeño, de Trazo; CPI Bembibre, do Val do Dubra; IES Ãlvaro Cunqueiro, IES Castelao, IES da GuÃa, IES Santo Tomé de Freixeiro e IES de Teis, de Vigo; CPI Toural, de Vilaboa; e IES Faro das Lúas, de Vilanova de Arousa.
Este proxecto, que se pode seguir en twitter baixo o hashtag #XornalismoNaEscola, naceu grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa. As dúas primeiras edicións de ‘Xornalismo na Escola “la Caixa”’ xa desenvolveran con grande éxito no 2016 e no 2017 máis de 150 talleres de comunicación en case setenta puntos da xeografÃa galega, levando estes obradoiros a miles de alumnos e alumnas da comunidade galega.
A Obra Social ‘la CaixaÂ’ está a levar esta mesma iniciativa a outras cidades e comunidades autónomas, onde xa hai algúns anos que se puxo en marcha o proxecto. Cataluña, Sevilla e Madrid son algúns deses lugares nos que se veñen celebrando obradoiros de semellantes caracterÃsticas.