Noticias

Cargos del PPdeG siguen manifestando públicamente su apoyo a Feijóo para que continúe como candidato a la Xunta

Cargos del PPdeG siguen apostando por Núñez Feijóo para que repita como candidato a la Xunta de Galicia, tras los congresos provinciales. Consideran que el partido cree que Feijóo es "el mejor candidato", a diferencia de las divisiones en el PSdeG en torno a Gómez Besteiro. Feijóo señala que la renovación del PPdeG amplía la ventaja con otros partidos que están muy lejos de ser ahora lo que necesita Galicia.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, sinalouque a renovación do PPdeG achega o partido aos galegos e á Galicia de mañá, ao tempo que amplía a vantaxe cos que están moi lonxe de ser o que precisa Galicia. Segundo o dirixente popular, o PPdeG é o partido con máis experiencia e con máis experiencias, pero nunca deixa de aprender do que fixo, dos retos que tivo que abordar, dos erros e, sobre todo, dos galegos. Baixo o seu punto de vista, Galicia ensinoulle ao partido esforzo, constancia, perseverancia e, por tanto, a formación seguirá aprendendo da Comunidade.

Así se expresaba o líder dos populares galegos na clausura do congreso provincial do PP de Lugo, onde aproveitou para felicitar á nova presidenta, Elena Candia, a quen lle lembrou que debe representar a toda a militancia da provincia e defender os intereses de toda a poboación. Do mesmo xeito, agradeceu ao presidente saínte, Xosé Manuel Barreiro, o seu traballo e dedicación á fronte da formación provincial nos últimos anos e tamén na vicepresidencia do partido autonómico.

O presidente do PPdeG criticou a volatilidade e a fraxilidade dos principios do resto de partidos e fixo fincapé en que a formación dos populares ten que ofrecer algo máis, manténdose por riba das frivolidades e achegando solidez.
Con respecto a isto, sinalou que o PPdeG é o primeiro partido da provincia, de Galicia e de España porque os cidadáns así o decidiron. Por iso, cre que os populares deben esixirse máis e non deben permitirse o nivel de irresponsabilidade do PSOE, nin o nivel de incoherencia de Ciudadanos ou a demagoxia de Podemos. Por ese motivo, segundo subliñou Feijóo, o PPdeG decidiu renovar as súas ideas, actitudes e equipos. Como engadiu, este partido reacciona, está activo e está en pé.

Neste senso, o líder dos populares galegos asegurou, con respecto aos outros partidos, de que non poden arrinconar á formación pola que apostaron 7 millóns e medio de españois. Da mesma maneira, puxo en valor que a crise non venceu aos populares e, de feito, Galicia está saíndo dela, pasando de xerar paro a crear emprego; de decrecer, a volver a crecer economicamente; do desfase orzamentario, ao control e á responsabilidade económica e ao crecemento da produción industrial, á internacionalización, á innovación e á confianza dos consumidores e dos emprendedores.

Así, fixo fincapé en que os populares son un partido activo que non para ata dar coas solucións e vai a onde haxa que ir para atopalas. Deste xeito, onde antes había gradas baleiras, agora fanse barcos; onde antes estaban paradas as máquinas, agora faranse novos vehículos; e onde durante anos houbo un solar en Lugo, en Rozas, agora haberá investimento, emprego e seremos unha referencia de innovación en España e internacionalmente. Segundo aseverou, o PPdeG é o partido que representa ás galegas e os galegos: como son, como senten, como fan. É o partido do rural galego, o partido das mulleres e homes do mar e o partido do sentir maioritario das galegas e os galegos.

Feijóo sinalou que o PPdeG non ten sentido se non está preto das galegas e os galegos e, ao mesmo tempo, asegurou que Galicia precisa deste partido, máis que nunca.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del PPdeG

R., 2016-03-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES