
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, pediulles aos alcaldes das Mareas que se apunten ao cambio e as reformas como a alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena.
O PSdeG o fixo nas cidades despois das últimas eleccións municipais porque entendeu que era o momento do cambio e dixo si a ese cambio, asegurou o líder dos socialistas galegos, que visitou en Portosín un barco de mariñeiros do cerco xunto cos voceiros de pesca no Senado, Modesto Pose, e no Parlamento galego, José Ramón Val, e representantes do partido na comarca. Onte falabamos da necesaria rexeneración das rías e hoxe dun reparto xusto para o sector do cerco, afirmou Besteiro.
Non hai que esperar para mudar de políticas, outros partidos con representación en Madrid como En Marea saben que a pesca é una prioridade para os socialistas galegos e de toda España, como tamén a reindustrialización, un pacto para o lácteo, as pensións e a enerxía, apuntou.
Son necesarios uns novos criterios de reparto para a xarda ou o xurelo, é un compromiso dos socialistas e agora tócalle a outros partidos abandonar a demagoxia, as fotos e o tacticismo para iniciar o camiño do cambio e as reformas, dixo.
Besteiro insistiu en que hoxe mesmo Manuela Carmena pediu un cambio, non é tarde e todos podemos participar para que este país comece unha nova etapa, ademais de pedir a En Marea que aclare se a súa prioridade é a axenda social ou a axenda da autodeterminación.
O secretario xeral dos socialistas considerou pouco apropiadas as referencias ao pasado de Mariano Rajoy e Pablo Iglesias onte na sesión de investidura e engadiu que de nada serven agora as escusas, os cidadáns piden un cambio xa, non queren esperar máis.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.