
Los partidarios de la corriente oficial del BNG que se ha presentado a la XV Asamblea Nacional se ha impuesto en las primeras votaciones del plenario, de manera que la mayoría del plenario ha rechazado todos los votos alternativos y mantiene la refundación de la organización para lo que se da de plazo "máximo, un año", mientras que las alianzas electorales se restringen a una candidatura nacionalista. Finalmente, no fue aceptado llevar a cabo este proceso este mismo 2016. La línea oficial del BNG se impone tras rechazarse los documentos alternativos
El exdiputado Carlos Aymerich anuncia que se marcha del BNG asegurando que "non nos deixan traballar e sinálannos a porta" y que "máis lealdade non se nos pode pedir". Los críticos avivan el debate con la presentación de un texto consensuado frente a la línea oficial. Ana Pontón pide un debate "sosegado" para "traballar" con lo que decida el BNG y Alba Nogueira confía en que se abra "un proxecto con futuro" y basado en el "entendemento".
El exportavoz nacional, Xavier Vence, hace un llamamiento a "retecer" el nacionalismo en una "única sigla" y defiende una "alianza táctica" en las próximas elecciones gallegas.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:
O secretario de organización da Executiva nacional saínte, Bieito Lobeira, puxo en valor a ampla participación da militancia na XV Asemblea nacional do BNG, - máis de 3.500 persoas participaron ao longo de toda a xornada-, e foi o encargado de explicar aos medios os principais acordos políticos adoptados polas bases recollidos no relatorio oficial, que contou con 1.035 votos a favor, 130 en contra e 142 abstencións. Previamente, as bases rexeitaron de xeito maioritario as catro emendas á totalidade, explicou.
Con relatorio político aprobado pola militancia, Lobeira explicou os principais acordos que se recollen no texto co obxectivo de recuperar a iniciativa política e social a través dun proceso de refundación que debe culminarse no prazo máximo dun ano no marco dunha nova asemblea nacional, e sobre unha serie de principios que foron enumerados polo responsable de organización.
A defensa do dereito de autodeterminación, a defensa da democracia e dos intereses populares, a autoorganización do pobo galego, a solidariedade internacional, a paz e o antiimperialismo e un modelo social sustentable, sintetizou, como principios que guiarán o proceso de refundación, no que se pretende unha participación moito máis ampla que as propias bases do Bloque.
Persoas ou colectivos que, aínda sen vinculación co BNG, teñan posicións nacionalistas, galeguistas, independentistas, soberanistas ou que entenden imprescindible que Galiza teña un instrumento político soberano como mellor ferramenta para a defensa dos seus intereses, explicou Lobeira.
En canto a fórmula de concorrencia electoral, explicou que a maior parte da militancia aprobou que nas vindeiras eleccións autonómicas o pobo galego vai ter dereito a escoller unha papeleta nacionalista, porque vai haber unha alternativa nacionalista diferenciada e propia deste país, sen dependencia nin tutela de ninguén de fora, que defenda á maioría social e os intereses deste país, subliñou o actual secretario de organización.
Outra das cuestións aprobadas pola XV AN foi crear un órgano de coordinación municipal entre concellos nacionalistas, -non exclusivamente do BNG-, que actúe como un contrapoder, mesmo un espazo de soberanía contra a aplicación de medidas contrarias a maioría social, veñan desde a UE, do Estado ou da Xunta.
No organizativo, a XV AN reafirma a condición frontista do BNG, a súa condición asemblearia, democrática e plural, ao tempo que se aposta por áreas colectivas de traballo. Igualmente, no plano organizativo, a militancia optou por suprimir a actual incompatibilidade entre a Portavocía nacional e a candidatura á Presidencia da Xunta, levantando unha limitación que foi motivada por un momento político superado.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.