
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:
Segundo os datos que vén de facilitar AENA, o aeroporto compostelán de Lavacolla alcanzou no mes de xaneiro de 2016 os 148.246 pasaxeiros, o que supón un crecemento do 16,9% respecto ao mesmo mes do ano anterior.
O aeroporto tivo 21.414 pasaxeiros máis que en xaneiro de 2015. Este incremento do 16,9% supón mesmo superar a cifra de xaneiro de 2011, o mellor ano na historia do aeródromo compostelán. A suba deste mes sitúase tamén por riba da media da rede de AENA, que en conxunto medrou un 12,3%.
Do total de pasaxeiros, 127.513 realizaron traxectos nacionais e 20.614 internacionais. En canto a operacións, en Lavacolla rexistráronse 1.400 operacións, das que 1.310 foron voos comerciais: 1.124 nacionais e 186 internacionais.
A terminal de carga de Lavacolla moveu un total de 163 toneladas de mercadorías no mes de xaneiro.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela (http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=14144)
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.