
Nota de prensa remitida por el contacto para la Prensa de Podemos en Galicia:
As dez persoas que dimitiron dos seus cargos no Consello Cidadán Galego de Podemos Galicia, Ángela Rodríguez Martínez (deputada no Congreso), Antón Gómez-Reino Varela (deputado no Congreso), José García Buitrón (senador), Francisco Javier Sánchez Lombardero, Marcos Fontán Cortizo, María Lourdes Sylla García, Borja San Ramón Tizón, Adrián Fuenteseca Fernández, Sigrid Campo e Matilde López Álvarez, queren manifestar que tomaron esta decisión polas seguintes razóns:
Pensamos que tanto a inactividade na que se atopaba a organización como a negativa da secretaría xeral a escoitar as propostas orientadas a acadar un consenso, situaban a Podemos Galicia nunha posición de debilidade clara para afrontar o próximo envite electoral. Por iso, entendemos que o novo tempo que se abre en Podemos Galicia debe considerarse unha verdadeira oportunidade para constituír unha organización forte, eficaz e unida que traballe por unha alternativa de cambio para Galiza que termine coas políticas do Partido Popular.
Consideramos que a opción capaz de gañar o goberno da Xunta de Galiza para todas as galegas e galegos artellarase dende a suma e dende a unidade, como se amosou nas urnas o 20D cos resultados acadados por En Marea, dos que estamos orgullosas e orgullosos. Cremos necesario reflexionar colectivamente sobre as alianzas cidadás e políticas para fortalecer as opcións de cambio, fronte á liña que seguiu a secretaría xeral nos últimos tempos, que só serviu para desperdiciar un tempo valiosísimo e para demostrar a súa incapacidade para ler o contexto político actual e para seguir os ritmos da axenda política galega.
Agora ábrese un novo tempo onde as bases de Podemos Galicia poderán expresar a súa opinión e terán ocasión de decidir que persoas deben liderar o proxecto que eles mesmos desexen para Galiza. Será unha oportunidade de reforzar a organización e de demostrar que efectivamente en Podemos as decisións descansan sobre a intelixencia colectiva.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.