
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del Ayuntamiento de Ourense:
A continuacións remitimos as declaracións do alcalde, Jesús Vázquez, valorando o pleno extraordinario, a petición de Democracia Ourensana, no que se aprobou a súa reprobación cos votos deste grupo e do grupo municipal do PSOE.
A reprobación forma parte dun xogo, neste caso dun xogo político. Era a posibilidade que tiña un partido, pero creo que estaba todo dito xa de antemán. Todos os grupos políticos veñen coa mesma actitude nestes últimos sete meses e coa mesma forma de comportarse, todos tiñamos claro xa desde o xoves o que ía pasar.
Sempre digo o mesmo respecto a unha reprobación: cando un ten algo que agochar, algo do que arrepentirse ou cando un provoca un dano sabendo o que está facendo, si que pode provocar unha reacción inmediata. Pero actualmente, baixo unhas circunstancias concretas, creo que se vén desenvolvendo un traballo que a cidadanía confirma moitas veces no día a día.
Hai unha nova maneira de operar en Ourense, que é unha cidade que estivo paralizada durante os últimos oito anos e, especialmente nestes últimos catro, debido a múltiples factores e que agora está arrancando.
Hoxe fíxose alusión a múltiples cuestións. Non é cuestión de poñerse a discutir. Cando algún vén cun papel determinado, porque non ten nada que perder ou porque incluso forma parte da súa forma de ser, non hai moito que discutir: tampouco era preciso hoxe poñernos ao 'ti máis, ti menos'.
Todos sabíamos perfectamente o que ía pasar. Este é o xogo. Ourense en Común xa manifestou abertamente que non ía votar a favor, eu creo que xa todos tiñamos claro o que ía facer o PSOE, que é o que vén facendo ultimamente: que é dicir que a súa opinión a dará no pleno. Pero era coñecida porque estaba máis que estudada. E Democracia Ourensana, pois entra dentro do que é a súa forma de actuar nestes últimos anos cunha serie de contradicións moi grandes. Nese sentido, parece que as contradicións existen sempre para os demais grupos políticos pero nunca aplicables á súa persoa ou ao seu grupo político.
Non me sinto menos alcalde agora que ás nove da mañá, en absoluto, ao final aquí hai unha soa opción: Se eles son coherentes deberán presentar unha moción de censura, é a opción que agora lles queda e, pola nosa parte, seguir traballando: nuns minutos marcharemos a seguir en contacto cos veciños, neste caso coa AVV A Lonia, e nesta semana haberá noticias importantes para o Concello de Ourense con novos proxectos. Así o vimos manifestando e, polo tanto, o que temos que facer é traballar. Estamos vendo como as cousas van marchando de maneira moi distinta a como se ían producindo nestes últimos catro anos, con incidencias no ámbito cultural, e social, e onde a xestión do propio concello cambiou substancialmente cunha media de pago aos nosos provedores e acredores neste último mes de decembro de 13 días.
Eles mesmos argumentaron que isto realmente non valía para nada, pero que si, pero que non, pero que si pero que non... e nós o que debemos facer é seguir traballando como vimos facendo até o de agora.
Nestes anos de política sempre intento valorar as actitudes e os comportamentos do resto dos grupos políticos ou das outras persoas. Eu creo que a cidadanía é a que terá que ver que a do PSOE é a actitude do non, eles saben que son un grupo que ten moitísimos problemas internamente, igual que o outro grupo, entón están nunha dinámica de tentar entorpecer calquera cuestión nestes momentos.
Repito que a cidade e os veciños de Ourense son os que terán que valorar o que aquí hoxe se produciu e entendo que o paso seguinte será o de presentar unha moción, igual que Pedro Sánchez di que adopta unha postura de valentía, creo que hoxe Vázquez Barquero debería asumir ese protagonismo e tentar recuperar a cidade para o seu grupo político se el así o entende e recuperar as vellas prácticas que levamos vendo aquí os últimos catro anos.
Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.