
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O portavoz do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que nos congresos que celebrará o partido darán protagonismo á militancia para seguir avanzando na reconexión coa sociedade e continuar sendo a forza de referencia en Galicia.
Así, o voceiro explicaba que queren que este sexa un proceso de renovación resultado de ter escoitado á cidadanía. Nós estamos executando con total claridade ese mandato cidadán de renovación, cun proceso que cualificaríamos como exemplar, que se desenvolve cun nivel de serenidade que xa quixeran para si outros partidos de Galicia, engadiu Tellado.
Ao tempo que explicaba que o obxectivo é seguir sendo o partido que máis se parece a Galicia e o maioritario nas distintas eleccións, o voceiro lembraba as datas dos catro congresos provinciais que se celebrarán no vindeiro mes de marzo -Ourense o día 5, Lugo o domingo 6, A Coruña o sábado 12, e Pontevedra o domingo 13- e que teñen como finalidade que o PP saia reforzado, con novos equipos de traballo.
Tellado tamén salientou que o PPdeG agradece a xenerosidade de persoas que, gañando as eleccións, favorecen a renovación dando paso a unha nova xeración.
Dende o PPdeG queremos agradecer e recoñecer de forma expresa o traballo realizado nos últimos anos por Carlos Negreira, José Manuel Barreiro e Rafael Louzán. Os tres decidiron dar un paso a un lado, sendo os responsables da forza máis votada nas súas respectivas provincias, mentres que outros, sendo a terceira ou cuarta forza política, din que todo lles vai ben e que non pasa absolutamente nada, como fai Besteiro, sinalou Tellado.
O portavoz tamén recordou que hai dez anos o PPdeG celebraba un congreso modélico, que permitía renovar a dirección do partido en Galicia e que máis tarde permitiu recuperar a Xunta daquela coalición de perdedores formada por socialistas e nacionalistas.
Hoxe o PPdeG vive outro proceso de renovación interna similar que ten que permitir que saiamos reforzados para seguir sendo o referente político da maioría dos galegos, que ven na estabilidade política e institucional un aval, unha garantía para que Galicia siga na senda da recuperación económica e da creación de emprego, sentenciou o voceiro dos populares.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.