Noticias

En Marea comenta la preocupación del Rey por la situación política y pide valentía a Pedro Sánchez

Alexandra Fernández, la portavoz de En Marea en el Congreso de los Diputados, pide al secretario general del PSOE, Pedro Sánchez, que sea "valiente", fuerce a los suyos hacia un Gobierno de cambio "y no caiga en la tentación conservadora del felipismo zombie". Tras su segunda reunión con el Rey, en el marco de la nueva ronda de contactos del monarca con los representantes de las fuerzas políticas, En Marea constató su preocupación por la situación de bloqueo que impide la formación de un nuevo gobierno sin recurrir a nuevas elecciones.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

A portavoz de En Marea, Alexandra Fernández, volveu a comunicarlle a Felipe de Borbón a disposición da confluencia para apoiar un goberno alternativo ás políticas de recortes do Partido Popular. “O desexo de cambio político é maioritario entre a cidadanía. En Galicia e no conxunto do Estado. Hai que atender ese mandato democrático da cidadanía”, dixo Alexandra Fernández.

Dende En Marea tamén se lle trasladou ao Xefe do Estado o profundo malestar polas actuacións do Goberno en funcións de Mariano Rajoy, concretamente a ampliación da prórroga a ENCE na ría de Pontevedra. “Dixémoslle que nos parece unha cacicada e un nefasto exemplo de como funcionan as portas xiratorias pois casualmente xente que hoxe ocupa postos no consello de administración de ENCE foron destacados cargos do Partido Popular”, denunciou Alexandra Fernández.

Con respecto ao posicionamento sobre o debate de investidura, dende En Marea “confiamos en que o PSOE non ceda á tentación conservadora do felipismo zombi. Deben escoller entre cambio ou gran decepción e non decidir pensando nos consellos de administración nin nos intereses de Felipe González. Facemos un especial chamamento ao PsdeG para se comprometa co goberno de cambio. A súa decisión compromete o futuro de cambio en Galicia. Unha coalición co PP sería darlle osíxeno ao goberno moribundo de Núñez Feijóo”, declarou Alexandra Fernández.

Na conversa con Felipe VI, que se prolongou durante algo máis de 40 minutos, Alexandra Fernández tamén manifestou a oportunidade deste momento político para establecer acordos que dean lugar unha redemocratización das institucións, revirtan as políticas de recortes e xeren unha nova arquitectura baseada no recoñecemento plurinacional e no dereito a decidir. “Existe unha realidade plurinacional neste Estado que non se vai resolver quedándose inmóbil. De momento non vimos unha resposta concreta do PSOE, tan só un pactos na Mesa do Congreso para que non se vexa representada esa plurinacionalidade no hemiciclo”, concluíu a portavoz de En Marea.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de En Marea

R., 2016-01-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES