
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O voceiro dos populares galegos, Miguel Tellado, amosou o seu asombro ante a noticia da cesión de senadores galegos á ERC e a Democràcia i Llibertat, e preguntouse se Besteiro cre que os lucenses votaron a Ricardo Varela para que apoiara aos independentistas cataláns.
Parece que ao que foi número dous do PSOE en Galicia lle debeu parecer pouco o nacionalismo galego porque agora quere apoiar de forma activa ao nacionalismo catalán, afirmou Tellado tras coñecerse que Varela será un dos senadores cedidos para que os dous partidos do independentismo de Cataluña poidan ter grupo parlamentario propio na Cámara Alta.
Así, no seu intento por facilitar a súa investidura, Pedro Sánchez, coa complicidade do secretario xeral dos socialistas galegos, entrega a Galicia ao servizo de formacións secesionistas.
Nesta liña, Tellado pediu aos socialistas que non usen a un representante dos galegos para unha manobra tan burda, que só demostra que o PSOE é capaz de aceptar calquera cuestión con tal de conseguir que Pedro Sánchez chegue a gobernar España.
Está disposto a apoiarse en Podemos, que esixe o dereito de autodeterminación, e disposto a apoiarse nos partidos do independentismo catalán, que desenvolven unha folla de ruta para conseguir a desconexión de Cataluña de España, engadiu.
O voceiro tamén aproveitou a súa intervención para sinalar que o 15 de xaneiro se cumpren dez anos dende que Alberto Núñez Feijóo fose nomeado presidente do PPdeG, sucedendo a Manuel Fraga no seu cargo.
A estabilidade e o liderado incuestionable de Feijóo ten permitido que o PPdeG centrase todos os seus esforzos en servir a Galicia e aos galegos, dixo o portavoz ao tempo que sinalaba que hoxe Feijóo é un líder respectado dentro e fóra do partido e dentro e fóra de Galicia.
Pola contra, quixo salientar que ao longo destes dez anos temos visto a un partido socialista fracasando ata en tres ocasións na súa busca de liderados alternativos; ao nacionalismo galego perder apoios de forma continuada; e a unha esquerda cada vez máis dividida dando lugar ao nacemento doutros grupos que agudizan máis a súa fragmentación.
Tellado asegurou que os populares celebrarían esta data especial como se fose un días máis para eles que é esforzándose por Galicia e sabendo que a folla de ruta é a que sempre mantiveron dende 2006: traballar para garantir a estabilidade política e institucional, ademais dos servizos públicos e as políticas de benestar; baixar os impostos; e lograr que o goberno sexa un actor activo da recuperación económica e da creación de emprego.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.