
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de En Marea:
Representantes de En Marea continúan coa rolda de xuntanzas para conquerir os máximos apoios de cara a contar con grupo parlamentario propio no Congreso dos Deputados esta lexislatura. A reunión foi co secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, e máis cos representantes das candidaturas de confluencia de En Comú Podem, Xavi Doménech, e de Compromís-Podemos-És el moment, Joan Valdoví.
Na rolda de prensa posterior á reunión, a portavoz de En Marea, Alexandra Fernández, expresou a unidade fraterna dos asistentes á hora de facer unha lectura sobre o novo escenario político que se abriu tralas eleccións do 20D. "Concordamos en que os tres grupos de Galicia, Cataluña e Valencia (En Marea, En Comú Podem e Compromis-Podemos- És el moment) cumprimos os requisitos necesarios para conformar grupo e que estamos no noso dereito de esixir grupo parlamentario", dixo.
Tamén recordou que durante esta semana En Marea abriu diálogos co PSOE para acadar un entendemento e que asuman este novo escenario de pluralidade. "Dende En Marea transmitímoslles que estamos dispostos a negociar os tempos e o financiamento, ese non é o problema. É unha cuestión democrática e non imos tolerar unha fraude democrática que no noso caso suporía que o 25% dos galegos non tiveran representada a súa voz no Congreso. Somos moito máis que a suma das partes. Somos os representantes de miles e miles de cidadáns que nos votaron e por iso continuamos instando ó PSOE que elixa entre unha postura inflexible sen entender o novo momento político ou abrir un diálogo fraternal e verdadeiro que nos permita traballar en conxunto", concluiu a portavoz de En Marea.
Fotografía: archivo GD / Anova-AGE
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.